Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Métodos de investigación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A6 A7 A11 A13 A14 B1 B2 B5 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 6). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o/a alumno/a desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 6. A profesora presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través do Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas a profesora presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice PARA TODO ESTO O/A ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O/a alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.


25
Proba mixta A5 A6 A11 A13 B1 B2 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 O exame da 1ª e 2ª convocatorias é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:

1-Parte MÉTODOS (teórica) constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesoado). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).

2-Parte ANÁLISIS (práctica). Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesorado será o que decida o tipo de preguntas). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 5 sobre 10 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí(non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).

NOTAS ACLARATORIAS:
a) En ambas partes (parte Métodos e parte Análise) as preguntas incorrectamente respondidas restarán

B) As docentes, antes de finalizar o período lectivo poderán realizar un simulacro de dita proba,no horario de clase da materia. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria

c) O exame debe estar aprobado para que se teña en conta a avaliación continua. Para aprobar é imprescindible que se cumpran ambos dos seguintes requisitos: (a) se acaden 5 puntos ou máis na proba mixta; e (b) que se chegue, como mínimo, á metade do valor que ten cada una das partes (parte métodos e parte análise).

d) Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) ou ben se non se supera a avaliación continua (dosiseres), o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS. NIN AS CALIFICACIÓNS DOS DOSSIERES

e)A data dos exames das convocartorias están marcados por xunta de facultade polo tanto non se moven.
50
Estudo de casos A6 A7 A11 A14 B1 B2 B4 B5 B6 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Esta tarefa está destinada aos contidos da materia (Tema 2, 3, 4 e 5). Coa mesma inténtase que o alumnado combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas (fichas guiadas), etc. Pero tendo presente que con ela o alumnado desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión das docentes. Todo isto so se levará a cabo cando se explique ditos temas.

A docente presentarán ao alumnado os apuntes deste tema (a través de Campus Virtual); nas clases expositivas explicará con casos ditos apuntes; nas clases interactivas o profesorado presentará prácticas guiadas (fichas guiadas) para que o alumnado as realice PARA TODO ESTO O ALUMNADO DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.

O alumnado deberá realizar todas as prácticas propostas e incorporalas nun documento único, a modo de dossier, que entregará ao docente no prazo establecido, baixo o nome de “Métodos de Investigación”.

25
 
Observacións avaliación

Na avaliación da materia
(exposta no apartado da guía docente, denominado "Paso 7:
Avaliación") terase en conta antes de nada o seguinte:

a)
ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE (ou alumnado con dispensa académica)
(estudantes presenciais)
 considéranse que
asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar.
Xustifícase as faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un
médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente
cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se está a
traballar) ou calquera outra falta sempre co documentación homologado. Non se
poderá ter máis de dúas faltas de asistencia en cada unha das partes da materia
(1ª Parte (temas 1,2,3,4 e 5) e 2ª Parte (tema 6).

A avaliación destes
alumnos/as ten en conta o seguinte: 1-A proba mixta;2-O
estudo de casos (dossier 1 e clases interactgivas) e 
3-Solución de
problemas (dossier 2 e clases interactivas). 
As avaliacións da
parte 2 e 3 so serán efectivas a entrega do dossier.

Todo o alumnado
ASISTENTE OU PRESENCIAL debe superar a avaliación continua (dossieres) para
poder someterse a proba mixta nas condicións que se explican para este grupo de
estudantes. A avaliación continua equivale o 50% da nota final da materia
(sendo necesario chegar ao mínimo do 40% para considerar que esta parte se
superou. Hai que ter en conta que esto non é real mentres as/os estudantes non
se presenten a proba mixta e a superen). Igualmente, é imprescindíbel acadar un
mínimo de 25% sobre 50% na proba mixta para considerar superada está avaliación
(atendendo a necesidade de chegar a un mínimo en cada parte, tal como se
especificou no apartado correspondente na guía docente).

A nota final da materia
destes estudantes será: a nota da proba mixta sempre que a aprobé e a nota da
avaliación continua (faise unha media). Sempre será así se se supera a proba
mixta senon se supera a proba mixta a avaliación continua non serve para
aprobar a materia (esto quere dicir que ainda tendo aprobado a avaliación
continua non se ten superada a materia nin se ten o 50% da materia superada). A
profesora pode utilizar a avaliación continua para que o/a estudante poda
aprobar a proba mixta (por exemplo, se alcanza en algunha das partes da proba
mixta un mínimo e noutra parte se aproba entón a profesora conta a avaliación
para que o estudante teña un aprobado (5))

A proba mixta para estes
estudantes, ao igual que as clases son PRESENCIAIS.
MOI IMPORTANTE OS/AS ESTUDIANTES DEBEN
ELEXIR ESTA MODALIDADE NO CAMPUS VIRTUAL,
para esto a profesora enviará
correos electrónicos, a través do campus virtual, para que os/as estudantes
fagan esta tarefa e outras tarefas). SE
NON SE FAI ESTA TAREFA E OUTRAS TAREFAS NO PERÍODO ESTABLECIDO POLA PROFESORA
NO CAMPUS VIRTUAL AUTOMÁTICAMENTE AS/OS ESTUDANTES PASAN A SER NON PRESENCIAIS
OU NON ASISTENTES
(ver o seguinte apartado b).

b)ESTUDANTES
QUE NON ASISTAN SEMPRE A CLASE (estudantes non presenciais)
 considéranse que non asisten cando faltan máis
dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar, ou ben ten máis de
dúas faltas nunha das partes da materia. Se xustifica as faltas médicas (con
xustificante correctamente cuberto por un médico colexiado) e as faltas por un
traballo (con xustificante correctamente cuberto no traballo onde se xustifique
que en horas de clase se está a traballar). Tamén pode ser aquel estudantado
que así opte dende o inicio da materia (o primeiro día de clase o profesorado
presentará esta opción que o estudantado pode elixir). Ou que non realiza
algunha das tarefas planificadas pola profesora ao inicio do curso e que
comunica aos estudantes polo campus virtual.

Estes/as estudantes se
presentarán ás probas da 1ª e 2ª convocatoria. Se recomenda que o estudantado
realice os dous dossierres da materia de forma autónoma, posto que estes serán
avaliados na proba final da materia (60%), xunto cos contidos teóricos propios
da proba mixta (40%). Estes estudantes deben aprobar as dúas partes da proba
mixta para aprobar a materia (aprobase ambas partes cun 5 en cada unha delas).

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes