Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa Código 652G03020
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Profesorado
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
laura.rego@udc.es
Web http://www.educacion.udc.es/
Descrición xeral A materia “Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socieoeducativa” persegue que os futuros profesionais da educación social sexan capaces atender ás diferentes perspectivas sobre a comunicación e a colaboración nos procesos de desenvolvemento da acción socioeducativa. Oriéntase pois, ao desenvolvemento de capacidades que permitan a utilización daquelas estratexias de comunicación e colaboración que mellor se adecúen a dinamización dos proxectos no marco dos contextos de intervención destes profesionais. Deste modo, os principais núcleos temáticos céntranse na análise, coñecemento e práctica das estratexias de colaboración, comunicación e de xestión da información para o deseño, desenvolvemento e avaliación de proxectos que se levan a cabo nos diferentes ámbitos da acción socioeducativa.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios nos contidos da materia. Non obstante estes poderanse reagrupar e organizar de forma diferente ao establecido na guía docente. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesión maxistral - Traballos tutelados (computa na avaliación) - Portafolios do alumno/a ou plan de Comunicación (computa na avaliación) - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican - Proba mixta. Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas”. - Presentación/divulgación de eventos científicos. Poderá suprimirse (en función das necesidades das persoas invitadas) ou realizarse empregando a aplicación Microsoft Teams no horario establecido para a materia. - Presentación oral. Non se realizará e a avaliación destes coñecementos queda incorporada á metodoloxía de Portafolios do alumno/a ou Plan de Comunicación. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico. Diariamente e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías da profesora. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e do portafolios do alumno/a e plan de comunicación. - Moodle: Diariamente, segundo a necesidade do alumando, mais con especial atención ao calendario de aulas da materia aprobado pola Facultade. Nela o alumnoado poderá atopar: o Repositorio de documentos de lectura (obrigatorios e adicionais). o Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado/Plan de Comunicación e a proba de Resolución de problemas. o Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. o Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso - Microsoft Teams (En casos de limitacións coa conexión, poderá valorarse coa profesora o emprego de Skype, Zoom, Whereby ou ferramentas análogas). A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e, opcionalmente, a petición do alumnado, sesións de revisión de traballos e cualificacións. 4. Modificacións na avaliación As metodoloxías que se terán en conta para a configuración da nota final serán: - Traballos Tutelados (30%). Só serán tidos en conta os realizados polo alumnado ata o momento de suspenderse a actividade presencial ou ser de aplicación este plan de continxencia. No caso de non ter aínda elaborado e entregado ningún destes traballos tutelados, esta porcentaxe da nota pasará ao portafolios do alumno/a, o cal contabilizará o 50% da nota final. Estes traballos serán avaliados tomando en consideración os criterios de avaliación establecidos na guía docente. - Portafolios do alumno/a ou Plan de Comunicación (20%). O portafolios do alumno/a ou plan de comunicación será avaliado exclusivamente en relación ao contido do traballo escrito (eliminando a súa exposición na aula). Tomaranse en consideración os criterios de avaliación establecidos na guía docente. - Proba de solución de problemas (50%). Técnica mediante a que se ten que resolver unha situación problemática concreta, a partir dos coñecementos que se traballaron, que pode ter máis dunha posible solución. Poderá ser realizar un comentario breve sobre un fragmento dun texto seleccionado ou establecer relacións entre os contidos abordados na materia de forma fundamentada. Esta proba poderá realizarse de forma individual ou en pequeno grupo en función de se o alumnado cumpriu co 80% da asistencia ata o momento de suspenderse a actividade presencial ou non. Valorarase especialmente o nivel de comprensión e desenvolvemento dos contidos da materia, a capacidade de concreción e síntese, o correcto uso de terminoloxía básica da materia, a capacidade de relación entre os contidos analizados e a organización coherente do discurso. Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle esta proba de solución de problemas. O alumnado disporá até o final dese día para resolver o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para tal fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta entregarase en formato.pdf. No caso de que o alumnado non conte coas condicións necesarias para poder resolver a proba, deberá comunicalo á docente o antes posible para poder realizar os axustes oportunos. *Observacións de avaliación: (Para o alumnado con dedicación completa, alumnado a tempo parcial, requisitos para superar a materia, condicións da avaliación na 2ª oportunidade, etc.) Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que o cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesión que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial. 1. SITUACIÓNS: Para o alumnado con dedicación completa, a asistencia/participación nas actividades de aula ata o momento de suspensión da actividade presencial será como mínimo do 80%. En caso de cumprir con ese requisito, a cualificación quedará configurada tal como segue: - Elaboración dos traballos tutelados en pequeno grupo: 25% da nota final. - Elaboración do portafolios/plan de comunicación en pequeno grupo: 25% da nota final - Proba de solución de problemas en pequeno grupo: 50% da nota final. Pola contra, o alumnado que conte co recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do 29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb) do 28/09/2016, poderá facer un seguimento non presencial da materia empregando a Moodle. Nese caso deberá realizar igualmente tódalas evidencias sinaladas anteriormente —traballos tutelados; portafolios do alumno/a/ plan de comunicación e proba de solución de problemas—, mais de xeito individual. A distribución porcentual da cualificación será a mesma que para o alumnado asistente. Así mesmo, deberá respectar as datas de entrega propostas para o alumnado asistente en cada un dos traballos tutelados a realizar, facendo así un seguimento continuo da materia. En caso contrario, os traballos figurarán como non presentados, sendo esta mesma a cualificación a obtida na materia. 2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: Para superar a materia será necesario acadar cando menos, 5 puntos sobre 10 en tódalas partes que compoñen a avaliación—media dos traballos tutelados; portafolios do alumno/a/ plan de comunicación e proba de solución de problemas—. Deberase tamén entregar os traballos solicitados na data que se indique e respectando as instrucións de formato proporcionadas pola profesora. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios e pautas que a de xuño, tendo en conta que no caso de ter superada algunha das partes obxecto de avaliación na primeira oportunidade, a cualificación obtida na mesma será gardada no caso da segunda oportunidade, sendo só necesario superar as partes que falten. Ademais, na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados e dispoñibles para a súa descarga en Moodle. ?
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes