Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Communication and Cooperation in Socio-Educational Action
   Personalized attention
Methodologies
Supervised projects
Student portfolio
Description
Para desenvolver a atención personalizada en relación aos traballos tutelados, a profesora realizará un seguimento do traballo en grupo do alumnado ao longo das sesión interactivas da materia. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado considerado asistente e nelas, a profesora dará orientacións e pautas para realizar os traballos tutelados, sendo o momento prioritario para solventar dúbidas, aclarar cuestión ou afondar sobre o contido e as acción a realizar en relación aos traballos tutelados.

A atención personalizada a desenvolver respecto do portafolios do alumno/a traballo grupal, realizarase igualmente nas sesión interactivas da materia, reservando, de ser necesario, un tempo específico para o seguimento por parte da profesora, do progreso do alumnado nesta tarefa. A partir do mesmo, a profesora proporcionará orientacións ao alumnado para mellorar o seu traballo grupal, localizar información ou recursos de interese e organizar a estrutura do traballo.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O alumnado que conte co recoñecemento de dedicación a tempo parcial segundo establece a “Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na UDC (Artigos 3ºb e 4º.5) do 29/05./2012 e as “Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario” (Artigos 3º e 8ºb) do 28/09/2016, deberá realizar tódolos traballos tutelados de forma individual, así como o portafolios do alumno/a. A súa atención personalizada respecto de ambas metodoloxías, realizarase en función da súa dispoñibilidade e no horario de titorías da profesora.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes