Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de experiencias de inserción laboral. Na análise das fontes documentais hai unha parte de traballo individual, que se realiza fóra da aula, e unha parte de análise a nivel grupal que se realiza nas aulas interactivas. As fontes analizadas van ser utilizadas, principalmente, na elaboración da fundamentación teórica da actividade de simulación.
Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación
Proba mixta Está orientada á avaliación das aprendizaxes relacionadas co saber e saber facer. Consta de catro preguntas, tres sobre os contidos teóricos e unha sobre a actividade de simulación. Nas preguntas de tipo teórico solicítanse respostas de análise e relación das temáticas abordadas.
Simulación Esta actividade realízase conxuntamente coa materia de Acción socioeducativa con minorías e colectivos vulnerables. Nesta "metdoloxía" aplícanse os principios da aprendizaxe basada en proxectos que promove unha aprendizaxe significiativa, funcional, autónoma e colaborativa. O produto é o deseño dun proxecto de inserción social e laboral no que se integran as aportacións das dúas materias. É unha actividade grupal (mínimo de catro e máximo de seis persoas).
Prácticas a través de TIC Trátase da construción dun marcador social para a recompilación de recursos para a praxe da orientación ocupacional e para obter información útil de cara a futura inserción profesional. É unha actividade optativa e grupal que se realiza ó longo do cuadrimestre.
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar, explicar e relacionar os contidos de cada un dos temas do programa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes