Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais A análise de fontes documentais afonda nas dimensións teóricas e legais dalgunhas das temáticas do programa e no coñecemento de recursos para o deseño do programa de orientación ocupacional. Nesta metodoloxía diferéncianse dous momentos e dúas modalidades de traballo, que se relacionan coas fases da clase invertida:
a) Fóra da aula, traballo individual (lectura e/ou visionado dos documentos e/ou recursos audiovisuais.
b) Nas aulas interactivas,traballo grupal de posta en común e de aplicación ao programa de acción socio-educativa (PAS). Se se suspende a docencia presencial esta actividade faríase en Teams.


Presentación oral Consiste na defensa e presentación da actividade de simulación (PAS). Esta actividade realizarase en Teams.
Simulación É unha proposta interdisciplinar na que participa a materia de Acción socio-educativa con minorías e colectivos vulnerables. O produto é o deseño dun programa de acción socio-educativa para a inclusión social e laboral (PAS) no que se integran as achegas das dúas materias. O PAS é unha actividade grupal. Cada grupo vai traballar con un colectivo en situación de vulnerabilidade ou exclusión social.
Prácticas a través de TIC Consiste na construción en grupo dun marcador social.
Seminario Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social"
A súa finalidade e triple:
- Visibilizar referentes profesionais que teñen o galego como lingua de traballo.
- Achegar praxes profesionais vencelladas á inserción laboral de diferentes colectivos.
- Aportar información profesional (ámbitos, funcións, acceso, perfil competencial, condicións laborais...)
Realízase en Teams.
Discusión dirixida Forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" Tátase dun auto-diagnóstico invididual e grupal sobre a propia situación socilolínguúística no que se valoran a competencia, os usos e crenzas lingüísticas. A partir deste autodiagnóstico reflexivo e compartido terán que formular os retos relativos ós usos e mellora da competencia ós que se comprometen no cuadriamestre. A partir dos preconceitos e estereotipos detectados realizarase unha discusión dirixida. As conclusións desta actividade terán que quedar reflectidas por escrito. ó final do cuadrimestre terán que facer un balance sobre os retos acadados. Esta actividade puntúa na cualificación como actividade optativa.
Aprendizaxe colaborativa A aprendizaxe colaborativa é, xunto coa ABP e a clase invertida, un dos eixos metodolóxicos da materia que está presente no resto das "metodoloxías" descritas.
Prácticas a través de TIC Elaboración dun mapa conceptual dixital da materia.
Sesión maxistral O método expositivo vai ser utilizado para presentar as temáticas relacionadas cos subretos do ABP. As sesións maxistrais van ser síncronas en Teams e asíncronas coa utilización de video-gravacións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes