Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral, integración da perspectiva de xénero, formulación de obxectivos e contidos, coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación, sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social e nivel de desenvolvemento das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, utilización das normas APA)
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
55
Proba mixta A2 A8 A9 Integrará tres preguntas de resposta breve e unha de análise, valoración e re-diseño dos obxectivos e contidos dun programa de orientación ocupacional. 40
Prácticas a través de TIC C3 Con esta actividade desenvólvense competencias dixitais da área de información (buscar, seleccionar, etiquetar e almacenar). Trátase de crear un marcador social no que se recompilen recursos dixitais de interese para a futura inserción laboral do estudantado e para a praxe da orientación ocupacional.
Criterios de avaliación: cantidade de recursos incorporados, etiquetas de clasificación axeitadas, descrición e valoración dos recursos.
5
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada á proba mixta e á actividade de simulación.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  partes non superadas. 

Avaliación das actividades grupais

As actividades grupais van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última vai reflectirse na cualificación individual. 

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas pode obterse até dous puntos. Durante  o mes de setembro  o alumnado interesado debe inscribirse en moodel no apartado correspondente.  Estas actividades céntranse no autocoñecemento, na exploración  do mercado profesional da educación social  e das opcións de formación ó rematar os estudos.    

Modalidade de avaliación para as persoas que non podan asistir as aulas 

As persoas que, por razóns debidamente acreditadas, non asistan ó 85% das aulas poden acollerse a unha modalidade
de avaliación específica. Para optar  esta modalidade hai que solicitar unha  titoría para concretar as actividades de avaliación e o proceso de
supervisión e seguimento.  Para estes  casos, as actividades de avaliación son  a proba mixta (45),  unha tarefa de análise e deseño dun programa de orientación ocupacional (40), as prácticas a través de TIC (5) e unha reflexión sobre as aprendizaxes e competencias  desenvolvidas na materia (10) . 

FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA

Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 6ª edición.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso.

Copiar nos exames

O uso  indebido  de información durante os exames tamén  será motivo de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes