Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Orientación ocupacional
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A3 A5 A6 A8 A9 A14 A21 B1 B4 B6 C1 C3 C7 Actividade grupal. Consiste no deseño dun programa de acción socioeducativa (PAS) para un grupo de persoas en situación de vulnerabilidade ou exclusión social, atendendo ós requerimentos dunha convocatoria pública simulada. Os criterios de avaliación son os seguintes:

a) Integración na fundamentación teórica e legal das temáticas abordadas na análise documental: xustificación no marco institucional - plans para a igualdade e para a inclusión social xerais ou específicos do colectivo-; análise do carácter estrutural da exclusión laboral e da súa relación cos cambios na norma social do emprego; análise dos factores que dificultan a inserción laboral do colectivo para ó que se destina o PAS e relación coa empregabilidade; barreiras de xénero que limitan a empregabilidade; xustificación e caracterización da estratexia metodolóxica; incorporación da visión de xénero (por que, para que e como ); e conceptualización da orientación ocupacional.

b) Accións para a inserción laboral: cobertura en relación cos factores que están a obstaculizar a integración laboral; integración da perspectiva de xénero nas distintas fases do programa e nos elementos das accións; formulación de obxectivos e organización dos contidos; coherencia entre obxectivos, metodoloxía, actividades e avaliación; sinerxia entre as accións destinadas á inserción social e á inserción social; descrición pormenorizada das actividades.
c) Aspectos formais: calidade lingüística, utilización da lingua galega, presentación (índice, paxinación, marxes, tamaño da letra...) e utilización das normas APA.
d) capacídade de análise, síntese, integración e transmisión da información procedente das dúas materias.
70
Prácticas a través de TIC A2 A5 A8 B1 C3 A elaboración dun mapa conceptual dixital da materia é unha actividade individual. Os criterios de avaliación son:
a) Identificación dos temas e conceptos principais.
b) Organización xerárquica.
c) Utilización de conectores que faciliten a comprensión.
c) Formato visualmente atractivo.
d) Manexo da ferramenta dixital.
30
 
Observacións avaliación
Requisito para superar a materia

Para superar a materia é imprescindible obter a metade da cualificación outorgada en cada unha das dúas tarefas que computan na avaliación (3,5 no PAS e  1,5 no mapa conceptual). A non realización dunha das dúas tarefas implica a cualificación de NP.

Convocatoria de xullo (segunda oportunidade)

Na segunda oportunidade recuperanse as  tarefas non superadas.

Evaluación de las actividades grupales

As actividades que se realizan en grupo van ser obxecto de autoavaliación e coavaliación. Os resultados desta última van se trasladar a cualificación individual de cada persoa do grupo.

Actividades optativas

Coa realización de
actividades optativas pode obterse até dous puntos.  Estas actividades son as catro seguintes:

a) Construción dun marcador  social en grupo ou individualmente

b)  Actividades de auto-orientación ( autocoñecemento, exploración do mercado profesional,  das posibilidades de  prácticas, de voluntariado e das opcións de formación de posgrao e complementaria.

c) Informe  con noticias e artigos de análise recollidas da prensa e relacionadas coas temáticas  abordadas na materia.   

d) Auto-diagnóstico reflexivo sobre a súa situación  sociolingüística e  balance dos retos acadados en relación coa competencia e cos usos.

Modalidad especial de avaliación


As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden
acollerse a unha modalidade específica de avaliación na que é
imprescindible o seguimento e supervisión das tarefas propostas. Para
estes casos, as actividades que se propoñen son as seguintes:


  • Deseño dun programa de orientación ocupacional (60).
  •   Informe sobre as aprendizaxes e competencias desenvolvidas na materia
    que ha de incluír un mapa conceptual e un glosario de termos (40).
  • As actividades optativas descritas no punto anterior.
LINGUAXE  INCLUSIVA

 A linguaxe inclusiva é de uso obrigado.


FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA 


Citación de fontes

Os contidos incluídos (texto literal e parafraseo)  nos traballos deben estar 
referenciados ao longo do texto e no apartado de referencias usando as
normas APA 7ª edición.   

Plaxio

O plaxio en calquera das  actividades da avaliación será motivo  de suspenso. Así  o establece o artigo  14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización  de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade"

 
Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC:  https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf
http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes