Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Evaluation Methods for Socio-Educational Programmes and Services
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).

O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.

- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
20
Student portfolio A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 As actividades incluídas na metodoloxía docente (aprendizaxe colaborativa, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado ao finalizar as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta.

Dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional)
- Índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrución da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fóra do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame.
80
 
Assessment comments

Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase, así como todas as actividades de avaliación.

Os e as estudiantes non asistentes, porsen en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia.

Terase en conta a presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. A detección dalgún deles suporá un punto menos na nota final.

A copia e plaxio de traballos será causa de suspenso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes