Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoxerontoloxía
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoxerontoloxía Código 652G03024
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Piñeiro Aguin, Isabel
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
Profesorado
Piñeiro Aguin, Isabel
Correo electrónico
isabel.pineiro.aguin@udc.es
Web
Descrición xeral A introdución da Psicoserontoloxía como disciplina no curriculum do Grao en Educación Social xustifícase, entre outras razóns, por dúas, poucos cuestionables na actualidade: a necesidade de aprender ao longo de toda a nosa vida e o feito de que a sociedade actual está envellecendo. Baixo estas premisas, esta disciplina porponse acercar ao estudiante ás características do funcionamento cognitivo das peroas maiores contribuindo con elo á formación dos profesionais que han de traballar con elas.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos non se modificarán xa que son enviados a través da plataforma a moodle aos alumnos ao longo do cuatrimestre. 2. Metodoloxías Para as actividades docentes síncronas manteranse, sempre que sexa posible, os horarios de clase establecidos na programación docente. Durante a docencia síncrona, gravaranse as sesións para poñelas a disposición do alumnado que teña problemas de conectividade ou de dispoñibilidade limitada de equipos informáticos. *Metodoloxías docentes que se manteñen - Explicación por parte da profesora dos contidos mais relevantes do material proporcionado ao alumnado. Simplificaranse na medida do posible a impartición dos contidos da materia, seleccionando os fundamentais de cara a garantir a adquisición das competencias e resultados de aprendizaxe esenciais *Metodoloxías docentes que se modifican - A explicación dos contidos e dos exemplos explicativos e aclaratorios desde contidos farase de maneira virtual. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Ferramenta: Teams Temporalización: * Horario de Titorías: tratarase de adaptar o horario ás necesidades do alumnado na medida do posible por parte do profesorado Ferramenta: Correo electrónico * Horario: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados 4. Modificacións na avaliación Metodoloxía Peso na cualificación Descrición - Traballos tutelados 60% (6 puntos) -Prácticas supervisadas pola profesora, realizadas fóra da aula. + - Portafolios do alumno - Pequenas prácticas realizadas nas clase interactivas dos contidos do temario. ---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------- Exame 40% (4 puntos) - Proba de 30 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspenda a actividade presencial. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes