Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoxerontoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno A4 A9 C7 Pequenas prácticas realizadas nas clase interactivas dos contidos do temario. Será obrigatorio ter entregadas un 75% das actividades realizadas.

Á hora da avaliación terase en conta o grao de comprensión dos contidos traballados nas clases expositivas que se reflitirán no desenvolvemento das prácticas.
30
Proba obxectiva A4 C7 Exame tipo test
O exame contará con arredor de 40 preguntas tipo test con tres alternativas de resposta e onde só unha é a correcta. Cada tres preguntas mal contestadas restarase o valor dunha resposta correcta.
50
Traballos tutelados A7 A9 A13 A15 B1 B2 B4 C1 C3 Prácticas máis extensas supervisadas pola profesora, que se realizarán ao longo do curso fundamentalmente fóra da aula. Será obrigatorio ter entregadas un 75% das actividades realizadas.
Nestas prácticas de grupo, será moi importante a capaciade de argumentación de cada un dos membros do mesmo así como a capacidade de expoñer o Traballo.
20
 
Observacións avaliación

A avaliación da materia reflictirá a adquisición dos elementos teórico-prácticos da mesma e será o resultado dos compoñentes recollidos na táboa anterior.

Para superar  a asignatura será necesario obter unha nota mínima de 5 puntos, sempre e cando a cualificación no exame sexa igual ou superior a 2,25 puntos.

A Asistencia e Participación nas clases terase en conta á hora de establecer a nota final global da materia.

O alumno que teña recoñecida a condición de estudiante a tempo parcial e solicitase no Decanato a Dispensa Académica, terá a avaliación da asignatura da seguinte forma: A nota final global da asignatura será la que obteña no exame tipo test.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes