Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Socioloxía da educación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Socioloxía da educación Código 652G03028
Titulación
Grao en Educación Social
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Rodríguez Barcón, Alberto
Correo electrónico
alberto.barcon
Profesorado
Rodríguez Barcón, Alberto
Tarrío Maneiro, Ángela Estefanía
Correo electrónico
alberto.barcon
estefania.tarrio.maneiro@udc.es
Web http://www.udc.gal
Descrición xeral Nesta materia trátase de concebir a educación como un sistema en si mesmo, coas súas correspondentes partes, elementos, funcións, organización e institucionalización, e que á súa vez forma parte do sistema social en xeral. Con este curso o que se pretende é que o alumnado acade un grao de coñecemento e tamén concienciación e interiorización do proceso conformador da educación como fenómeno sociolóxico, co seu correspondente espazo, papel e funcións nas nosas sociedades. Tamén se trata dunha formación que persegue dotar de habilidades teórico-prácticas ao seu alumnado sobre un ámbito tan importante como a educación, para que a integren tanto a nivel persoal como profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se modificarían os contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral, Traballos tutelados e Lecturas. *Metodoloxías docentes que se modifican A sesión maxistral convértese nunha clase asíncrona en Teams, gravada e distribuída posteriormente en Moodle; é complementada cunha titoría semanal en Teams, na que se promove a interacción e a discusión sobre os contidos teóricos de cada clase; os Traballos tutelados continúan a ser guiados telematicamente (en Teams e por e-mail), pero a súa presentación oral na aula é suprimida e substituída por entregas por escrito; a Presentación oral dos traballos queda cancelada. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado En TEAMS: Un día á semana grávase unha clase teórica asíncrona en Teams, distribuíndo o seu enlace a través de Moodle. Un día á semana celébrase unha titoría colectiva en Teams, tamén gravada e distribuída a continuación por Moodle. En MOODLE: Semanalmente súbense os materiais, os power-points, as lecturas e os enlaces correspondentes, pendurando as gravacións asíncronas das clases e as titorías telemáticas. Créanse tarefas puntuais para a entrega das prácticas e traballos tutelados. E-MAIL: A diario aténdense as dúbidas personalizadas do alumnado, e tamén se fan chegar semanalmente indicacións a través de Moodle. 4. Modificacións na avaliación Traballos tutelados: 100%. Inicialmente, os traballos tutelados (recensión dun libro, traballo de investigación en grupo, etc.) tiñan un peso total do 90%, estando o 10% restante reservado á exposición dun dos traballos de investigación en grupo na clase. Coa modificación, suprímense todas as exposicións e os traballos tutelados pasan a ter un valor total do 100%. A presentación oral, polo tanto, quedaría suprimida. *Observacións de avaliación: O alumnado que cursaba a opción de "avaliación non continua" seguirá baixo as mesmas premisas: a súa avaliación basearase nunha recensión bibliográfica (30%), un traballo de análise sobre material audiovisual distribuído polo profesor (30%) e o exame realizado na data oficial (40%). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes