Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Sociology of Education
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A2 A3 A5 A6 A13 A14 B1 B3 B4 B5 B6 C1 C4 C6 C7 Considérase traballos tutelados tanto as prácticas realizadas en clase como o traballo en grupo sobre un tema da materia que deberá ser analizado desde unha perspectiva sociolóxica. O 60% da nota depende das prácticas de clase, asistencia e participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio.
En todos estes traballos valorarase:
-A comprensión e manexo dos conceptos, textos e a teoría sociolóxica.
-O uso de fontes e de ferramentas apropiadas para a investigación social.
-O pensamento crítico, reflexivo e relacional.
-A orixinalidade.
-A correcta expresión escrita.
-A capacidade de traballo en grupo (cando sexa o caso).
90
Oral presentation A2 A5 B1 B5 B6 C1 C4 C6 C7 A presentación oral sobre o traballo grupal é obligatoria.
Nela valorarase:
-O dominio e comprensión do tema.
-A capacidade de síntese.
-A correcta expresión oral.
-A creatividade.
-O traballo en grupo.
10
 
Assessment comments
Avaliación continua.

O 60% da nota depende das prácticas de clase, a asistencia e a participación e, o 30%, do traballo grupal obrigatorio. A presentación oral sobre o traballo grupal obrigatoria valerá o restante 10% da nota.

Avaliación non continua.


Aqueles alumnos que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica (os que non se acollan á avaliación continua presencial de forma xustificada), deberán porse en contacto coa profesora ao comezo do curso e terán que asistir a unha tutoría para concretar as metodoloxías de avaliación. A súa avaliación basearase nun traballo sobre un libro (30% da nota), un traballo sobre unha película (30% da nota) e o exame presencial realizado na data oficial estipulada pola UDC (40% da nota). Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados (sobre o libro e a película) como o exame.

Segunda oportunidade.

Para aprobar a materia en segunda oportunidade será necesario aprobar un exame (de preguntas breves e de desenvolvemento e cunha parte práctica) que valerá o 100% da nota e que terá lugar na data oficial estipulada pola UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes