Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Educational Anthropology
   Methodologies
Methodologies Description
Mixed objective/subjective test Realizarase segundo a data e hora previstas no calendario oficial de exames.
Constará do comentario dun fragmento extraído dos textos obxecto de lectura nas sesións de seminario e dunha cuestión teórica sobre os contidos abordados na aula, tanto nas sesións maxistrais como nos seminarios.
Seminar O traballo de seminario constitúe, xunto coas sesións maxistrais, o elemento central do traballo da aula na materia. Aborda o estudio dos núcleos temáticos dos contidos mediante a análise, posta en común, discusión e interpretación de textos (artigos ou capítulos de libros) propostos ó alumno.
O traballo de seminario supón unha doble tarefa, a realizar fóra da aula, por conta do alumno. Por unha banda, a lectura previa dos textos. Por outra, o comentario de fragmentos extraídos dos mesmos e posterior, en consecuencia, ás sesións de seminario. Proporanse ó alumno 5 fragmentos, un por cada un dos bloques de contidos, dos que el seleccionará 3 entregando os comentarios correspondentres.
Workbook Proporanse varios libros de lectura dos que o alumno seleccionará un. Na aula ofreceranse unhas orientacións xerais, pero a lectura do libro será tarefa do alumno fóra da aula. Deberá asimilar o contido do texto, poñéndoo en relación co conxunto da materia, e elaborar un xuizo crítico sobre o mesmo.
Na proba mixta incluirase un apartado referido ó libro de lectura, que permitirá calficar este aspecto do traballo do alumno. Propoñerase ós alumnos a posibilidade de adiantar a realización da proba do libro de lectura, realizándoa durante o periodo lectivo.
Guest lecture / keynote speech Recurrirá á exposición oral do profesor, co obxectivo de introducir nos núcleos conceptuais principais das unidades temáticas abordadas e establecer as pautas esenciais para a lectura dos textos que serán obxecto de análise e discusión nas sesións de seminario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes