Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Educational Intervention in Leisure. Resources and Strategies for Educational Intervention in Free T
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas ao alumnado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A exposición maxistral é moi reducida, sendo que esta se complementa con actividades de aprendizaxe cooperativa, de construción de coñecemento a partir de lecturas previas, buscando que o alumnado se sitúe fronte aos contidos abordados e constrúa saber.
Collaborative learning Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo.
As propias ferramentas empregadas preséntanse como estratexias de traballo na dinamización da participación social e comunitaria no ámbito do tempo libre, polo que se coida a reflexividade sobre a propia técnica de aprendizaxe.
Case study Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo
Directed discussion A partir de lecturas previas, e empregando estratexias de debate en pequeno grupo, o alumnado debaterá sobre temas que suscitan o seu interese e que os confronta coa realidade social e profesional (a vivencia dos tempos, a experiencia do lecer, etc.)
Workbook Conxunto de textos e documentación escrita que permiten afondar nos contidos traballados. En ocasións as lecturas deberán realizarse de forma previa, de forma que permitan o traballo activo do alumnado na sesión de clase.
Simulation Baséase na solicitude de elaboración dunha programación de tempo libre propondo situacións similares ás que se producen nun contexto real, coa finalidade de utilizalas como experiencias de aprendizaxe ou como procedemento para a avaliación.
Mixed objective/subjective test Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes