Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Practicum II
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Field trip A7 A8 A9 A11 A12 A14 A15 A19 A20 A21 B1 B3 B4 B5 B6 C1 O titor/a da institución colaborará na avaliación, valorando a implicación e a actuación do alumnado. 40
Student portfolio A14 B1 B2 B5 B6 C1 C8 Os criterios avaliativos serán:
- Capacidade de relación teoría-práctica, capacidade para relacionar ideas e accións.
- Dominio conceptual e capacidade analítica
- Capacidade de argumentar e fundamentar.
- Expresión escrita propia e claridade expositiva
- Capacidade de descrición de escenarios, situacións e accións.
- Capacidade de autoavaliación e autocrítica.
- Calidade técnica (formulación clara e operativa dos obxectivos, detalle na descrición da metodoloxía e as accións, coherencia entre a análise da realidade, os obxectivos e as actividades planificas...) e caracter inclusivo do proxecto socioeducativo.
- Orixinalidade e carácter innovador do proxecto de acción socioeducativa.
40
Events academic / information A14 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliarase cos criterios:
- Asistencia a todas as sesións
- Calidade das achegas á hora de expor contidos nas diferentes sesións así como a pertinencia e madureza das reflexións persoais ao respecto recollidas no Diario.
10
Seminar A14 B1 B3 B5 B6 C1 C4 C7 C8 Avaliándose cos criterios
-Asistencia a todas as sesións
-Calidade das achegas á hora de expor dúbidas, expor ideas enriquecedoras e compartir experiencias de interese, etc.
10
 
Assessment comments

Requisitos para superar a materia:

1. Para aprobar, será necesario superar os seguintes elementos da avaliación: prácticas socioeducativas e portafolios.
2. O portafolios deberá ser subido a Moodle nas datas indicadas.

Elementos de avaliación que se poden recuperar na 2ª oportunidade de avaliación (xullo):
1. As prácticas non poden recuperarse, polo que a cualificación obtida en xuño mantense para xullo. Isto supón que un suspenso en xuño implica a non superación da materia.
2. Os seminarios e xornadas non se poden recuperar, polo que a nota en xuño mantense para xullo.
3. O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere en xuño terá ocasión de melloralo en xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos avaliados.

Cualificacións:
1. A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas en cada elemento avaliado, co seu peso respectivo. O profesorado titor/a da Facultade será o encargado de solicitar a
cualificación do centro de prácticas e de realizar as medias
correspondentes que serán enviadas ao Decanato.
2. No caso de non superar algunha das partes de obrigatoria superación da materia, anota final será a nota de parte non superada.
3. Non realizar as prácticas socioeducativas estando matriculado na materia supón un NP.
4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas socioeducativas superadas supón un suspenso.
5. No caso de que os eventos científicos e/ou divulgativos non se realizaran por razóns organizativas do centro o 10% da cualificación asinada a este apartado se sumará ao portafolio. A asistencia e a calidade das achegas a eventos científicos avalíanse conxuntamente, non podendo estar desvinculados un do outro. Para unha avaliación positiva o alumno/a terá que asistir e facer as achegas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes