Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Psicoloxía comunitaria
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O 20% da avaliación da materia farase a través dun traballo tutelado que consta de dous partes.
A primeira versará sobre o estudo sobre un problema social desde o punto de vista da psicoloxía comunitaria (valorarase que sexa local).
A segunda consistirá no desenvolvemento hipotético dun plan de intervención comunitaria.
Este formato pode substituírse por un traballo en grupo que consiste na participación nunha investigación, con recollida, análise, e redacción dun informe sobre os datos.
Presentación oral Ademais do informe por escrito, os traballos tutelados deberanse expoñer en clase de forma oral, podéndose utilizar os apoios técnicos dispoñibles.
Esta exposición supoñerá o 20% da nota da materia.
Simulación Prácticas durante as sesións interactivas sobre os procedementos propios da disciplina. Utilizando os contidos expostos nas sesións maxistrais, os alumnos elaborarán propostas sobre os casos expostos polo profesor.
Proba de resposta breve No caso de que o alumno requira exame, o exame constará de catro supostos ou experimentos de Psicoloxía Comunitaria, e entre 3 e 4 preguntas para cada un deles. As preguntas estarán relacionadas, entre outros aspectos, con identificar os procesos psicosociais que reflicten estes supostos, indicar as implicacións destes procesos, indicar outros procesos relacionados ou propoñer exemplos prácticos. Deberanse elixir e desenvolver dous dos devanditos supostos.
Sesión maxistral Existirán clases presenciais que teñen un triplo obxectivo: por unha banda, o de sensibilizar e concienciar sobre os problemas sociais e acerca da importancia de posuír unha visión psicosocial comunitaria aplicada dos mesmos, por outro o de mostrar experiencias que se non se visionan é imposible que o alumno chegue a valorar a súa significación e importancia dentro da materia, e por último ofrecer resumos de contidos importantes dos temas que integran o programa. Comprenderán a exposición de exemplos e vivencias mediante medios audiovisuais e actividades de sensibilización e concienciación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes