Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Development and Prevention of Addictive Behaviours
   Methodologies
Methodologies Description
Collaborative learning Tanto nas sesións expositivas como interactivas proporanse actividades en pequeno grupo co obxectivo de favorecer a aprendizaxe mutua (planificación conxunta, comunicación multidireccional, etc.).
Directed discussion O profesorado guiará o debate sobre diversas temáticas relativas ás adicións co obxectivo de promover o debate grupal, o intercambio de opinións e experiencias, etc.
Case study Ao longo das sesións interactivas formularanse algunhas casuísticas relacionadas coa adición co obxecto de analizar en profundidade as súas causas, factores mantedores e consecuencias.
Student portfolio Cada estudante deberá recompilar todas as actividades propostas nas sesións interactivas nun dosier que entregará ao final do cuadrimestre, nunha data a sinalar polo profesorado. A entrega deste dosier é individual.
Mixed objective/subjective test Para a avaliación dos contidos abordados nas sesións expositivas o alumnado deberá efectuar unha proba mixta que incluirá preguntas tipo test e outras de resposta curta (preguntas a respostar cunha palabra ou en poucas liñas, de completar, de poñer un exemplo, unha definición dalgún termo relevante, etc.).
Summary Consiste nunha síntese dos principais contidos traballados. É un recurso óptimo para facilitar a comprensión do texto e a concentración persoal sobre o material obxecto de estudo. É tamén unha axuda importante para o repaso e a preparación de exames.
Guest lecture / keynote speech As sesións expositivas serán desenvolvidas polo profesorado mediante presentacións en power point dos principais contidos de temario.
Problem solving Entre as actividades propostas ao longo do curso, desenvolveranse algunhas nas que o alumando deberá aportar solucións a problemas formulados en relación ás adicións.
Simulation Técnica de dinámica de grupos que ten como obxectivo axudar a desenvolver a perspectiva social e a empatía mediante a representación de diferentes papeis dentro de situacións conflitivas onde interveñen diferentes posturas que teñen que ser combinadas. Utilízase para traballar as relacións interpersoais, o comportamento, os valores e as actitudes.
Document analysis Durante o desenvolvemento das sesións expositivas e interactivas proporcionaranse diversas fontes audiovisuais e escritas relacionadas cos contidos do temario co obxectivo de que o alumnado analice e comprenda os aspectos psicolóxicos e sociais implicados nas adicións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes