Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Development and Prevention of Addictive Behaviours
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Student portfolio A5 A7 A8 A14 A17 A21 B1 B3 B5 C4 C8 En relación co portafolio valorarase:
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
- O dominio das aplicacións empregadas na elaboración das propostas educativas.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade na exposición.
50
Mixed objective/subjective test A1 A5 A8 A14 A21 B1 B5 C4 - Nas preguntas tipo test, definiranse diversas alternativas de resposta onde só unha será a correcta. Penalizaranse os erros nas respostas.

- Nas preguntas de resposta aberta, valorarase a precisión e claridade nas respostas, de tal xeito que o estudante amose un axeitado dominio e comprensión dos contidos avaliados.
50
 
Assessment comments

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Elaboración e presentación do portafolio (50%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (50%).

OPCIÓN B

Alumnado cunha asistencia/participación nas actividades de clase inferior ao 85% e alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016):

Exame escrito sobre os contidos teórico-prácticos da materia (100%).

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado asistente (opción A):

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (dossier e proba mixta).

2. O dossier presentarase antes da data do exame oficial (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes