Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Asignaturas
  Educación e medios de comunicación social
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A9 A11 A15 B1 B4 B5 B6 C1 C3 C4 Avaliación de prácticas feitas nas clases interactivas. As prácticas terán que ver cos documentos do dossier e coa análise e investigación de distintos produtos mediáticos asi como a aplicación da educación para os medios no campo da educación social.
60
Presentación oral A15 B1 B5 B6 C1 C3 Avaliación da presentación do produto mediático creado. O produto mediático terá que ver coa educación para o desenvolvemento e a cidadanía global. Entre os criterios de valiación están que o guión acade claramente o obxectivo buscado; a calidade técnica e estética; que a presentación sexa atractiva onde se conte o proceso de creación e as aprendizaxes acadadas; e a intervención de todos os membros do grupo.
40
 
Observacións avaliación

Os estudantes que asistan ao 80% das clases poden acollerse ao modelo de avaliación descrita levando a cabo os traballos ao longo das clases, uns en grupo e outros individuais (haberá que obter un mínimo de 5 puntos en cada un deles para aprobar). De non superar a materia na 1º oportunidade terán que entregar os traballos suspensos de forma individual na 2º oportunidade.

Os estudantes que non asistan de manera  xustificada ou non xustificada ao 80% das clases terán que realizar de forma individual todos os traballos (40%) e facer un exame escrito (60%), tanto na 1º oportunidade como na 2º.

Os estudantes que teñan recoñecida tanto a condición de estudante a
tempo parcial como a dispensa académica especial terán as mesmas
condicións de avaliación descritas.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes