Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Education for Peace, Conflict Resolution and Citizenship
   Contents
Topic Sub-topic
1. A produción e reprodución das múltiples formas de violencia na sociedade: necesidade da Educación para a Paz (EP) e do sentido cidadán - A era postcolonial e o neocolonialismo.
- Sobre os organizadores da orde mundial e a violencia nas súas múltiples manifestacións: a globalización neoliberal, o complexo militar-industrial-investigador, as guerras, o terrorismo, efectos secundarios da explotación globalizada.
- Existe o chamado “choque de civilizacións”?
- Discriminación, marxinación, opresión, pobreza e exclusión, con atención especial á violencia de xénero.
- A privatización da esfera pública: efectos xerais, efectos na educación.
- Dereitos humanos e xustiza social: luces e sombras.
- Resistencias contra-hexemónicas.
2. Educación para a paz en perspectiva histórico-normativa e transnacional - Os precursores.
- A Escola Nova.
- A UNESCO.
- A Investigación para a Paz (Estudos para a Paz).
- A nonviolencia (Gandhi).
- A Educación para a Paz en España: novos marcos e instrumentos legais.
3. Pedagoxía da cidadanía e dos dereitos humanos nas sociedades cosmopolitas - Dereitos humanos e cidadanía democrática.
- Concepto de dereitos humanos: a súa xénese histórica.
- A situación dos dereitos humanos no mundo.
- Pedagoxía Crítica, Estudos Culturais, Educación Ecoloxista, Estudos Descoloniais, Estudos Queer.
- Conflito, convivencia e participación democrática e activa na sociedade.
- Principais programas educativos en favor da convivencia e da cidadanía.
- O papel da Educación Emocional na pedagoxía da convivencia.
- Normativa pertinente.
- Principios didácticos e estratexias organizativas.
- O papel das/dos educadoras/es sociais.
- Recursos e materiais.
- Posibilidades de intervención.
4. Educar para a paz: contextos educativos, cuestións curriculares e estrategias metodolóxicas, organizativas e dinamizadoras - O concepto da paz positiva e sustentábel.
- A visión creativa do conflito.
- Compoñentes da EP (a nonviolencia, agresividade vs. agresión, a desobediencia civil, etc.).
- O modelo sociocrítico-conflitivo da paz, entre outros modelos.
- O método socio-afectivo de ensino-aprendizaxe.
- Vantaxes educativas dos procesos colaborativos, cooperativos e colectivizantes.
- O papel dos xogos cooperativos na creación de grupo: tipos e características.
- Exposición de distintas dinámicas de aprendizaxe e xogos cooperativos.
- O papel da Educación Emocional e do fomento pedagóxico da empatía, do respecto, da afectividade, do apoio mutuo e da solidariedade na construción colectiva da convivencia pacífica.
- A integración da EP no curriculum escolar: transversalidade e temas transversais (Educación Intercultural, formación na diversidade de xénero, etc.).
- A Titoría entre Iguais (TEI) e outras abordaxes educativas que promoven a paz.
5. O papel do conflito na convivencia humana e da resolución nonviolenta de conflitos - A situación da convivencia e a conflitividade nos centros: principais investigacións.
- O conflito e a súa estrutura.
- Formas de afrontar o conflito: resolución de conflitos.
- Os procesos de prevención e intervención.
- Negociación e mediación en conflitos.
- A Xustiza Restaurativa e as prácticas e círculos restaurativos.
- Recursos e materiais
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes