Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Evaluation and Diagnosis in Socio-Educational Needs
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Exposición oral por parte da docente na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audiovisuais, así como da introducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa fin de que a apredizaxe teña un carácter máis dinámico e permita a participación do alumnado.
A estrutura das sesións maxistrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase ao alumnado bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; e o traballo teórico complementarase en cada sesión coas actividaes que se levarán a cabo. A través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, simulación, estudo de caso...)
Mixed objective/subjective test Proba escrita para a avaliación de coñecemento, cuxa data e fixada pola Xunta de Facultade. Esta proba pode integrar preguntas de tipo abertas (de desenvolvemento) e preguntas de tipo obxectivo, que poden combinar preguntas de selección múltipl, de resposta múltiple, discriminación, completar e/ou asociación.
Case study Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situacion problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser quen de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así como outro masteriais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da materia.

Realizarase grupalmente (o número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado matriculado) e será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.
Workshop Durante as sesións expositivas e interativas, faranse representacións das aprendizaxes teóricas a partir da presentación de supostos supostos hipotéticos (simulacións), discusións dirixidas e debates, nos que o alumnado deberá poñer a proba o seu comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ate o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Tamén poderá estar presente nos debates e discusións dirixidas a invitación de profesionais do campo da Educación Social para abordar cuestións relativas á avaliación e o diagnóstico no contexto de institucións socioeducativas.

Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo.

Esta actividade forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social".
Document analysis Actividades destinadas a que o alumnado realice a lectura e análise crítica da información procedente de fontes documentais diversas. Tras unha lectura reflexiva, deberá respostar ás cuestións formuladas pola docente:
(a) documentos relevantes (artigos de revista e/ou prensa, capítulos de libros...) que permitan a definición dos conceptos clave da materia, trala procura por parte do alumnado.
(b) lectura, resumo e análise de documentos para a preparación de contidos a expoñer ante os/as seus compañeiros/as;
(c) lectura para ampliar a comprensión de conceptos básicos da materia e que permitan a elaboración de pensamentos razoados sobre as competencias, perfís e funcións do/da educador/a social como avaliador/a.
Student portfolio Trátase dun documento que elaborará o alumnado (individual ou grupalmente) reflectindo todos os aprendizaxes adquiridos nas sesións prácticas. Non se trata de presentar os resultados das actividadades, senón de reflexionar e afondar na aprendizaxe adquirida en base a eles.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes