Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Evaluation and Diagnosis in Socio-Educational Needs
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A5 A8 A21 B1 B2 B6 C1 Proba escrita na que se valorará a adquisición dos coñecementos teórico e prácticos da asignatura por medio dunha proba que incorporará todos os contidos abordados na materia (clases expositivas + clases interactivas).

Os tipos de preguntas poderán ser de verdadeiro/falso (V/F), resposta múltiple e/ou resposta curta. O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:

- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.

- Preguntas resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas - 1)

- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
30
Student portfolio A21 B1 B2 B6 C1 C6 As actividades incluídas na metodoloxía docente (estudo de casos, simulación, análise de fontes documentais) realizaranse, eminentemente, nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado una semana despois de finalizar todas as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta (o nº de integrantes dependerá do nº alumnado matriculado).

O dito documento deberá reunir as seguintes características:

- Portada (institucional) e índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrucción da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fora do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.

A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo.
70
 
Assessment comments

REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:

o   Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas.

o   Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.o   Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.

o   Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.o   Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.o   A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de juño.

 

MODALIDADES DE AVALIACIÓN

Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:

 

o   Avaliación continua: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):

-      Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das diversas prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaliación (análise de fontes documentais, estudos de caso, simulación) que será revisado pola profesora e incorporado ao portafolio da asignatura, así como da avaliación final por medio da proba mixta. 

-      Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente, concertando unha titoría na que lle informará sobre o xeito en que se desenvolverá o proceso de aprendizaxe. Realizará as actividades de forma individual, e a súa avaliación consistirá na entrega das prácticas establecidas dentro das metodoloxías de avaluación (de maneira autónoma, e cunha ponderación de 50%) e a avaliación final por medio da proba mixta (50%).

 

o  Avaliación final: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%) e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do80%). Deberán realizar as actividades prácticas (análise de fontes documentais, estudo de casos e simulación) de modo autónomo e as entregará en forma de portafolio individual cun peso do 20% da calificación final. Ademáis, será avaliado mediante una prueba mixta na que se incluirán contidos relacionados coas ditas actividades prácticas, ademáis dos contidos propios da parte teórica. De tal xeito, contarán cun exame en dúas partes: a parte común a todo oalumnado (60%) e unha parte específica, referentes ás actividades prácticas (20%).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes