Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Social
 Subjects
  Final Dissertation
   Contents
Topic Sub-topic
Procedemento para a elección de temas 1. Proposta por parte dos Departamentos dos temas ou as liñas dos TFG e os directores.
2. Aprobación por parte da Comisión de Titulación da listaxe cos temas, así como do número de estudantes que poden escoller cada tema e os criterios de asignación.
3. Elección da temática por parte do alumnado matriculado na materia, para o que será convocado á unha reunión na que escollerá en función do seu expediente académico. O proceso rematará cando todo o alumnado presente teña unha temática asignada.
4. Listaxe provisória de asignación de temas e titores/as.
5. Período de reclamación.
6. Listaxe definitiva.

As datas específicas para cada unha das fases do procedemento serán publicadas no Moodle da materia.
Modalidade de TFG Unha vez escollido o tema, o/a estudante acordará co seu titor/a de TFG o tipo de TFG a realizar entre as seguintes modalidades:
a. Estudos empíricos (poderán estar relacionados coa experiencia de Prácticum II)
b. Revisión bibliográfico-documental.
c. Análise de proxectos socioeducativos.
d. Deseño de proxectos socioeducativos.
Estrutura orientativa do TFG 1. Introdución
2. Obxectivos e/ou preguntas de investigación
3. Xustificación teórica e contextualización
4. Metodoloxía de traballo e actividades propostas
5. Avaliación, resultados e/ou conclusións
6. Valoración
7. Relación de fontes documentais
8. Anexos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes