Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A3 B2 B7 C1 Unha proba escrita final, cuxos contidos serán o temario, as lecturas e os outros materiais utilizados nas aulas. 50
Sesión maxistral A3 B4 B8 Avaliaráse a asistencia e participación. 10
Obradoiro A3 B1 B2 B4 B7 B8 B21 B22 B23 B24 C1 Avaliarase a asistencia e participación activa, e os resultados das diversas prácticas e actividades, que serán apresentadas e/ou desenvolvidas nas aulas interactivas. 40
 
Observacións avaliación

Observacións:

1. PRIMEIRA OPORTUNIDADE (EN XANEIRO):

1.1. O Obradoiro inclui a realización de 1 actividade avaliábel (en principio individual; poderá ofrecerse a opción a facela en parellas a discreción do profesorado), e unha serie de tarefas de seguimento das leituras e outros traballos práticos durante o
curso, tanto nas sesións de aulas como fora.

1.2. O alumnado repetidor que non asista ás aulas, e o alumnado que teña unha dispensa académica oficial,
recibirá un 55,55% da súa cualificación pola realización da Proba mixta, e 44,45% polo apartado de Obradoiro, incluindo tanto a Actividade avaliábel canto as outras tarefas do curso.

1.3. O alumnado repetidor que non poda asistir ás aulas, ou que teña dispensa oficial, deberá comunicalo ao profesorado da materia durante as duas primeiras semanas do curso. De non facelo así, poderá aplicárselle o mesmo reparto porcentual
que ao resto do estudantado (50% + 10% + 40%).

1.4. Para superar a materia na primeira oportunidade, é preciso ter polo menos un 4 en cada un nos apartados Proba mixta e Obradoiro.

1.5. Para superar a proba mixta (exame final), é necesario un certo equilibrio de notas entre os diversos temas e partes do programa. Nomeadamente, para aprobar deberá obterse polo menos un 3 en todas as perguntas menos unha. Sen ese equilibrio, a media aritmética, se igual ou superior a 5, non poderá ser considerada, e será sustituida por un 4,5 (suspenso) indicativo da necesidade de repetir a proba obxectiva inteiramente.

1.6. Para superar o apartado do Obradoiro no seu conxunto, é necesario obter polo menos un 5 na Actividade.

1.7. En caso de non poder aprobar por non ter obtido polo menos un 4 en cada un dos apartados Proba obxectiva e Obradoiro, nas Actas figurará como nota ou ben a media aritmética se é inferior a 4,5, ou 4,5 se a media fose superior. Porém, esta nota de 4,5 é inamovíbel, e é só indicativa de que se debe repetir algún dos apartados (ou os dous).

1.8. Porén, os profesores poderá flexibilizar en sentido positivo estes requerimentos de notas mínimas con carácter xeral (aplicábel a todo o alunado) para favorecer unha avaliación mais global do desempeño.

2. SEGUNDA OPORTUNIDADE (EN XUÑO-XULLO):

2.1. Aplícanse os mesmos criterios de notas mínimas para cada apartado.

2.2. Repetirase a Proba mixta (exame final) no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). A Proba é indivisíbel; caso de ter que ser repetida, será inteiramente, e voltará a incluir todo o temario da primeira oportunidade.

2.3. Realizarase a Actividade suspensa (poderá ser diferente á realizada en xaneiro, aínda que cun formato semellante ou comparábel), e, no seu caso, as tarefas menores de seguimento do curso, a criterio dos profesores.

2.4. Para a oportunidade de xullo, manteránse as notas dos apartados superados na primeira oportunidade. No caso das diversas actividades e tarefas, os profesores indicarán se se considera superado o apartado Obradoiro inteiro, ou se hai que repetir algunha actividade non satisfactoria (por exemplo, unha cunha nota de 3).

2.5. A asistencia, loxicamente, non se poderá recuperar na segunda oportunidade. Se o apartado da asistencia foi superado (mais do 50%, isto é, un 5), manterase a nota. Se non fose superado, axustaranse as porcentaxes para Proba mixta (55,55%) e Obradoiro (44,45%).

3. CONVOCATORIA ADIANTADA DE DECEMBRO. Para a convocatoria adiantada de decembro rexerán os mesmos criterios
que para a segunda oportunidade de xullo, excepto no correspondente aos
apartados onde a asistencia é fundamental (Sesión
maxistral), que non será considerados. A distribución porcentual dos apartados será axustada da seguinte maneira: Obradoiro, 44,45%;
Proba mixta, 55,55%.

4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO.
Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas/es estudantes
que: (a) non se apresenten a ningunha das probas obxectivas (xaneiro e xullo) e que,
ademais, (b) non entreguen a actividade availábel en nengunha das oportunidades. Isto é, a apresentación da Actividade ou a asistencia á Proba obxectiva nalgunha das oportunidades implica necesariamente dar unha nota final.

5. AVALIACIÓN DAS ACTIVIDADES. A copia ou plaxio de material alleo para calquer das actividades avaliábeis ou das tarefas, sen elaboración propia, e por calquer medio, acarreta automaticamente unha nota de cero (0), sem posibilidade de repetición da actividade nesa oportunidade. Durante o curso se poderán estabelecer procedimentos adicionais específicos a cumprir canto á entrega, apresentación e avaliación das actividades.

6. AVALIACIÓN DA PROBA MIXTA. A copia de respostas na proba a partir de materiais non autorizados, a partir das respostas doutro/a estudante, ou por meio de calquer outro procedimento ilexítimo, acarreta automaticamente unha nota de cero (0) en toda a proba, e a imposibilidade de continuar con ela nesa oportunidade.

7. As condutas irregulares e ilexítimas na realización das actividades, tarefas ou probas (plaxio, copia, falsificación, utilización de respostas ou solucións doutros anos, etc.), alén das consecuencias que podan ter sobre a nota na materia -- dado o carácter patentemente inxusto de querer
autofavorecerse ilicitamente e polo tanto de perxudicar as/os
compañeiras/os
-- poden estar suxeitas a penalización disciplinar do/a estudante infractor/a por parte da Universidade, o cal pode incluir a expulsión da mesma.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes