Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe Código 652G04007
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Psicoloxía
Coordinación
Bao Fente, María Concepción
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
Profesorado
Bao Fente, María Concepción
Ogneva , Anastasiia
Rodríguez Llorente, Carolina
Correo electrónico
maria.bao@udc.es
anastasiia.ogneva@udc.es
carolina.rodriguez.llorente@udc.es
Web
Descrición xeral A materia pretende introducir aos estudantes no coñecemento das características xerais do desenvolvemento e da adquisición da linguaxe, centrándose na adquisición da lingua materna ou primeira lingua. Trata de presentar a linguaxe no contexto do comportamento humán, destacando as interrelacións entre linguaxe, motricidade, afectividade e cognición. A materia pretende achegar ao estudante ao coñecemento do desenvolvemento da linguaxe desde unha perspectiva profesionalizante. Por iso as prácticas de campo e de aula cobran unha importancia esencial no desenvomento da materia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Mantéñense todos os contidos programados 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados e portafolio. *Metodoloxías docentes que se modifican: A proba mixta será substituida por prácticas a través das TIC nas que se avalie específicamente os contidos teóricos expostos nas sesións expositivas e a análise de fontes documentais propostas como introdución, complemento ou síntese dos mesmos. De non ser posible manter a aprendizaxe colaborativa, en pequeno grupo ou por parellas, as tarefas e actividades programadas deste xeito (estudo de casos e traballos tutelados) tamén serán sustituidas por prácticas individuais a través das TIC. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Moodle e TEAMS. As titorías realizaránse preferiblemente a través dos medios telemáticos habilitados desde a UDC. 4. Modificacións na avaliación. As prácticas a través das TIC que sustitúan a proba mixta suporán igualmente o 40% da cualificación final da materia, xunto có 10% adicional asignado á entrega en prazo e forma oportunas das prácticas que se realicen sobre as fontes documentais. *Observacións de avaliación: Tal e como se establece na guía docente, a avaliación será continua. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non é preciso realizar modificacións. As fontes documentais obxecto de análise estarán a disposición do alumnado a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes