Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Psicoloxía do desenvolvemento da linguaxe
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura obrigatoria:
Karmiloff, K. y Karmiloff- Smith, A. (2005) Hacia el lenguaje. Madrid: Morata
Proba mixta A avaliación da materia realizarase mediante un examen final, e a valoración dos traballos propostos polo profesorado ao longo do curso.
Sesión maxistral O profesor presentará aos estudantes un resumo esquematizado do contido central dos temas do programa. No caso das prácticas explicará en qué consisten as técnicas e procedementos que o estudante terá que aprender a utilizar.
Traballos tutelados Os estudantes, en grupos de 3 persoas como máximo, rexistrarán un corpus lingüístico dun neno/a entre 2 e 6 anos, o transcribirán e analizarán polo procedemento explicado no tema metodolóxico.
Obradoiro Os estudantes participarán en diversos obradoiros que terán lugar nas clases interactivas. Neles discutiranse algúns aspectos presentados nas clases teóricas centrándose nas súas aplicacións prácticas
Portafolios do alumno Os estudantes realizarán ao longo do curso un portafolios no que recollerán todos os esquemas, presentacións, traballos feitos, lecturas, prácticas, etc. Este portafolios non será entragado pero poderá ser supervisado polo profesor nas titorías individuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes