Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Psychology of Language Development
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Mixed objective/subjective test A2 A8 Unha proba de avaliación dos contidos impartidos ao longo do curso. A proba consistirá na resolución de cuestións de resposta curta así como de cuestións tipo test (varias alternativas de resposta nas que o estudantado deberá escoller cal é a correcta). Terá un peso do 70% da nota final.
70
Supervised projects A26 A28 B1 Ata tres puntos no conxunto da nota final, sempre e cando a proba mixta sexa superada. 30
 
Assessment comments

OPCIÓN A

Alumnado con dedicación completa: asistencia/participación nas actividades de clase igual ou superior ao 85%:

a) Elaboración e presentación dos traballos tutelados (30%).

b) Exame escrito (tipo proba mixta) sobre os contidos da materia (70%).

OPCIÓN B

O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo parcial e solicitara no Decanato a dispensa académica

, tal como se establece na "Normaque regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade daCoruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016):


terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e a metodoloxía de avaliación

OBSERVACIÓNS ADICIONAIS:

Para o alumnado que se acolle á opción A:

1. Para superar a materia é necesario obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos e proba mixta).

2. Antes da data do exame oficial presentarase un dossier cos traballos realizados ao longo do curso (para presentarse ao exame é condición indispensable ter presentado o dossier).

Para todo o alumnado (opcións A e B):

1. A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xaneiro. 

2. Segundo establecen as "Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (aprobada o 19/12/2013 e modificada o 30/04/2014) no Art. 21.2: Considerarase como “Non presentado” (NP) a aquel estudante que, estando matriculado na materia, non concorra ás distintas actividades de avaliación que se establecen para o curso académico. 

Así, será cualificado como “Non presentado” cando:

a) Non complete o proceso de avaliación continua, nas condicións que figure na guía docentes, ou 

b) Non se presente á proba do período oficial de avaliación. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes