Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2017/18
Asignatura (*) Inclusión educativa e adaptación do currículo Código 652G04011
Titulación
Grao en Logopedia
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Profesorado
Castro Rodríguez, Mª Montserrat
Correo electrónico
maria.castror@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia pretendemos que o alumnado do Grao de Logopedia se aproxime ao coñecemento das características, posibilidades, dificultades e beneficios dunha proposta educativa que promova a inclusión educativa. Tal como a experiencia e a reflexión profesional acredita, a escola inclusiva responde a unha construción colectiva, plenamente activa e participativa de toda a comunidade. O traballo colaborativo entre profesionais constitúese nun elemento clave tanto para o coñecemento das necesidades de cada contexto, de cada persoa, como a planificación e posta en práctica de proxectos e propostas educativas que promova a inclusión educativa e por suposto, en consoacia, a inclusión social. Igualmente potenciarase o uso de recursos do medio natural e social co fin de facer un uso responsable e sustentable deles. De aí que consideremos, que a profesional da logopedia pode e debe xogar un papel coprotagonista co resto de actores e actrices na construción colectiva deste proxecto educativo e social.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes