Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Organizaranse debates en gran grupo e pequeno grupo sobre temas presentados nas actividades iniciais
Estudo de casos Analizaranse casos presentados en diversos formatos: video, texto, oral, etc.
Portafolios do alumno O porfatolios vai ser un instrumento clave para o alumnado durante toda a materia. Sobre todo preténdese que a partir da recolleita da información, reflexione e enriqueza os contidos que lle achega a materia, tratando deste xeito de irse aproximando aos seus propios intereses como futuro profesional da logopedia, sen perder a perspectiva de que o seu traballo debe formar parte do desenvolto por equipos interdisciplinares, que traballan dentro e fóra da aula.
Investigación (Proxecto de investigación) Cada persoa ou equipo terá que buscar experiencias de innovación educativa no ámbito da atención á diversidade e educación especial que procuren a inclusión educativa
Proba de resposta breve O alumnado terá que facer unha proba sobre os contidos básicos da materia. A proba consistirá en preguntas breves, que o alumnado terá que responder tendo en conta a súa opinión fundamentada e/ou contrastada coas doutros autores e autores traballadas na materia.
Aprendizaxe colaborativa Un dos eixos fundamentais da materia será a aprendizaxe colaborativa tanto dentro como fóra da aula.
Lecturas Na aula proporcionaranse unha serie de lecturas que terán que ler todos os alumnos e alumnas. Ademais para a preparación da materia, o alumnado poderán realizar outras lecturas complementarias recollidas na bibliografía, achegadas polo profesorado ou seleccionadas polo propio alumnado.
Presentación oral O alumnado terá que intervir oralmente na presentación de resultados de pequenas pescudas, de postas en común, etc.
Sesión maxistral Presentarase oralmente a información máis esencial de cada bloque temático e orientarase ao alumnado sobre como ampliar os coñecementos sobre o mesmo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes