Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Inclusión educativa e adaptación do currículo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A4 A16 A23 A28 B3 B23 B24 C2 O alumnado en pequenos equipos terán que realizar unha entrevista a unha persoa á que se lle pedirá información sobre a súa propia traxectoria persoal, facendo fincapé nos obstáculos pero tamén nas cuestións que favorecen o seu desenvolvemento individual e colectivo, tanto no ámbito educativo como social. A partir da entrevista, farase unha análise e interpretación da información, que se apoiará en bibliografía tanto proporcionada pola profesora como recollida polo propio alumnado. Finalmente farán unha proposta de intervención logopédica dende unha perspectiva inclusiva. Na plataforma moodle atoparase a información en canto ás normas para a súa elaboración, Presentación, etc 50
Proba de resposta breve A4 A16 A23 A28 B3 Ao alumnado propoñerémoslle unha serie de preguntas curtas sobre distintos temas abordados na materia, sobre os que terá que disertar tendo como referentes a súa opinión persoal fundamentada e enriquecida coas achegas bibliográficas suxeridas na bibliografía e/ou expostas na clase. 50
 
Observacións avaliación

O proxecto de investigación presentarase en formato dixital

Segundo a participación do alumnado na materia, para a avaliación hai dúas opcións:

 Opción A. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase (80%). Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades do proxecto de investigación, solución de problemas e unha proba mixta. 

Opción B. O alumnado con recoñecemento oficial de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir ás titorías para programar as sesións interactivas e expositivas, nas que non poderá estar, co fin de planificar os traballos substitutorios, se fose o caso. Estas especificidades so serán necesarias para o proxecto de investigación, para a proba breve concorrerá nas mesmas condicións que o resto do alumnado. 

O proxecto de investigación ten un valor máximo de 5 puntos e o exame outros 5. Para a superación da materia é necesario como mínimo un 2 en cada unha das partes. Para superar a materia é necesario ter como mínimo un 5

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes