Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Behaviour Therapy for Language and Communication Disorders
   Study programme competencies
Code Study programme competences
A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
A13 Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica.
A15 Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
A24 Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional.
A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
B9 Capacidade de organizar e planificar.
B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes