Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Estratexias de intervención temperá
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Recensión bilbiográfica A7 A8 A14 A18 A31 A32 B5 C3 - Elaboración individual dun resumo sobre a lectura
- Debate no grupo-clase das ideas e controversias contidas na mesma
5
Portafolios do alumno A8 A14 A15 A27 A29 A31 B1 B5 B8 B14 B24 Realización e entrega dos traballos realizados durante as sesións interactivas 20
Proba de resposta múltiple A7 A8 A14 A15 A18 A29 Superación dun exame tipo test. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. 75
 
Observacións avaliación

Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas

Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia)

Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.

Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas.

Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos:

- Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame).

- Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75. A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.

Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%) 

- A nota final será a nota do exame.

- O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia.

O alumnado que, tendo recoñecida a condición de estudante a tempo parcial e solicitara no Decanato a dispensa académica -tal como se establece na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 28 de xuño de 2016)-, terá que asistir a unha titoría na que concretar a porcentaxe de asistencia mínima e as metodoloxías de avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes