Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Practicum I
   Contents
Topic Sub-topic
O proceso de avaliación logopédica Explorar, observar, avaliar e emitir un xuízo diagnóstico:

- Aplicación das técnicas de entrevista e recollida de datos aos usuarios, familias e/ou cuidadores. A historia clínica do paciente.

- Aplicación das técnicas observacionais:tipos de rexistros observacionais e a súa aplicación; adaptación e creación de rexistros observacionais atendendo a tipoloxía dos usuarios.

- Aplicación de probas estandarizadas: interpretación dos datos.

- Elaboración de informes de exploración e diagnóstico clínico.
O proceso de tratamiento logopédico: programación, implementación e avaliación. - Deseño e implementación de programas de tratamento logopédico: Formulación de obxectivos e etapas, elección de técnicas e recursos materiais mais adecuados, rexistro das sesións adicadas o programa de intervención.

- A avaliación do proceso de intervención.

- O deseño do plan de actuación coa familia do usuario: formulación e deseño de obxectivos, pautas de asesoramento e actividades para as familias co obxectivo de que apoien o proceso de intervención.

- O tratamento interdisciplinar: Recoñecemento dos límites das competencias profesionais do logopeda e identificación da necesidade dun tratamento interdisciplinar.

- A elaboración de informes sobre tratamento, portadores de xuízos clínicos e liñas de mellora do proceso de intervención.
Recursos materiais empregados na intervención logopédica - O uso dos recursos e materiais na intervención logopédica.

- A adaptación do uso do materiais: en función dos obxectivos do programa e das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios.

- A creación de materiais en función dos obxectivos do programa, en función das características cognitivas, motoras ou psicolóxicas dos usuarios.
Reflexión sobre o código deontolóxico da profesión - O tratamento dos datos persoais dos usuarios.

- A confidencialidae ou secreto profesional.

- A aplicación de criterios profesionais para o inicio ou finalización do tratamento e a derivación de usuarios.
Desenvolvemento dos recursos persoais para a intervención logopédica - As habilidades sociais e comunicativas para o establecemento das relacións interpersoais cos usuarios, as súas familias e con outros profesionais implicados no tratamento.

- Avaliación da propia actuación profesional.

- Capacidade de traballo en equipo: técnicas de observación, técnicas de dinamización ou de toma de decisións.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes