Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Nuevas tecnologías de la información y la comunicación aplicadas a la intervención logopédica
   Metodologías
Metodologías Descripción
Sesión magistral Na actividade de sesión maxistral traballaranse os contidos que conforman o marco teórico mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, de medios audiovisuais e coa introdución de cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de favorecer a aprendizaxe e a construción do coñecemento.

Realizarase unha exposición xeral introdutoria de cada un dos distintos temas de que consta o programa, indicando os aspectos que o alumnado debe ampliar co seu traballo persoal, coas oportunas orientacións bibliográficas.
Discusión dirigida Mediante esta dinámica abordaranse diversas temáticas orientadas a que o alumnado reflexione sobre a importancia das TIC na sociedade e na intervención logopédica en particular. Analizaranse os distintos factores que inciden na súa integración para desenvolvemento da intervención profesional, co obxecto de favorecer a construción dunha visión crítica das diferentes formas de abordar o traballo coas TIC nos seus diferentes ámbitos de intervención como logopedas.
Prácticas a través de TIC En torno aos diferentes temas proporase a realización de pequenos traballos de grupo baseados en prácticas a través de TIC. Estas actividades iniciaranse na aula e deberán ser completados mediante o traballo autónomo do alumnado, atendendo as indicacións que se proporcionarán a través da atención personalizada do profesor aos diferentes grupos.

Para a realización destes traballos tomaranse como referencia tanto os materiais básicos da materia así como outros complementarios. Basearanse no traballo con distintos recursos na rede, programas de software libre, gratuíto e comercial, de ferramentas de autor e da pizarra dixital, para a creación de recursos multimedia e ferramentas na rede. Finalmente, a través da exposición na aula, cada grupo compartirá os traballos realizados cos demais grupos.
Prueba oral A proba oral constituirá unha actividade final da materia con carácter avaliativo a través da que o alumnado deberá realizar a presentación dos traballos realizados a través das sesións de prácticas TIC facendo un tratamento global e integrado dos coñecementos adquiridos, de acordo co conxunto de contidos abordados en torno ás diferentes dinámicas de traballo.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes