Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións de docencia expositiva levarase a cabo a presentación teórico-práctica dos contidos fundamentais para comprender a materia e para poder realizar as diversas actividades propostas nos "Obradoiros" e nas "Solucións de problemas".
Obradoiro Nestas sesións de docencia interactiva, o alumnado realizará ACTIVIDADES PRÁCTICAS de diferente tipoloxía (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, así como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Solución de problemas Como complemento ás sesións maxistrais e ás actividades prácticas presenciais, o alumnado deberá realizar (fóra da aula) unha serie de ACTIVIDADES PRÁCTICAS sobre os contidos traballados nas aulas presenciais que deberá entregar ao profesor nas datas marcadas.
Proba mixta Exame práctico escrito en que se demostrarán os coñecementos e competencias adquiridos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes