Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua galega
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A32 B2 B4 B5 B9 B13 B24 C1 C3 C4 C7 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS non presenciais suporán un 40 % sobre a cualificación final. Nestas prácticas de ampliación avaliarase o correcto desenvolvemento das instrucións indicadas, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a corrección na análise e na expresión escrita. Entregaranse en papel nos prazos marcados.
Para aprobar é preciso ter unha puntuación de 5 sobre 10 en cada actividade.
40
Sesión maxistral A3 A17 A31 B2 B4 B8 B12 B17 C1 C6 Na avaliación do seguimento das sesións maxistrais, que suporá un 10 % da cualificación total, avaliarase a ASISTENCIA e PARTICIPACIÓN. 10
Proba mixta A3 B7 C1 Na PROBA PRÁCTICA ESCRITA avaliarase a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán similares ás formuladas nas aulas.
Para superar esta proba, que se realizará na data hora e lugar marcados nos horarios oficiais de exames do centro, a cualificación deberá ser de 5 puntos sobre 10.
30
Obradoiro B2 B3 B4 B7 B8 B12 B17 B22 B23 C1 C6 As ACTIVIDADES PRÁCTICAS (exercicios de completar, corrección de textos, análise e elaboración de textos, lectura e entoación de textos, exposicións, debates etc.) realizadas ao longo do curso, serán obxecto de avaliación nun 30 % sobre a cualificación total.
Nestas actividades valorarase a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a capacidade de análise, a claridade e corrección na expresión oral e escrita, así como o traballo individual e en grupo.
20
 
Observacións avaliación

1. A CUALIFICACIÓN FINAL na 2.ª
OPORTUNIDADE (xullo) rexerase polas seguintes normas:

1.1. Quen suspender a materia na 1.ª oportunidade por non obter 5 puntos na PROBA MIXTA ESCRITA
deberá facer un novo exame escrito das mesmas características que o da 1.ª
oportunidade. Este exame oficial, marcado polo Decanato da Facultade, suporá o 40 % da cualificación final, pois
asígnaselle o 10 % por asistencia e participación contemplado na 1.ª
oportunidade.

1.2. De suspender a materia na 1.ª oportunidade
por non acadar a puntuación mínima nas ACTIVIDADES PRÁCTICAS,
deberá recuperalas por outras substitutivas de características semellantes. O
número de actividades, xunto coas datas de recollida e entrega, farase público no
momento de publicación das cualificacións da 1.ª oportunidade, pois estas prácticas
inclúen tanto as realizadas na aula (20 %, vid. supra) como as de entrega (40 %, vid. supra). Así, estas actividades
suporán o 60 %da cualificación final.

2. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA
ACADÉMICA

2.1. O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida
deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio de curso
para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na
avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non
presenciais equivalentes).

3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO



3.1. En cada oportunidade de
avaliación o/a alumno/a recibirá a cualificación de NON PRESENTADO (NP) se non se presentar á proba escrita e,
ademais, se o número de actividades avaliábeis for inferior ao 50 %.

4. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO
4.1. O alumnado que se presentar á convocatoria adiantada de decembro terá que contactar previamente co docente da materia e, para superala, deberá realizar unha "Proba mixta" (5 puntos) e os "Traballos tutelados" (5 puntos) que lle foren encomendados.

5. OUTRAS OBSERVACIÓNS
5.1.
Para o resto de casos non contemplados nestas "Observacións" seguirase o disposto nas "Normas de avaliación, revisión e reclamación das
cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario".
5.2. Os traballos académicos presentados polo alumnado da
materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de
detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio
en varias materias. De se producir algunha destas circunstancias,
poderán activarse as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes