Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Lingua española
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B7 B12 C1 Proba escrita na que se avaliará a asimilación dos contidos aprendidos. As actividades do exame serán semellantes ás formuladas en clase e nos obradoiros. 30
Obradoiro A31 B1 B2 B5 B17 B22 B23 C1 Durante o curso realizaranse actividades variadas relacionadas cos contidos do temario e a súa aplicación práctica. Estas actividades serán obxecto de evaluación.
Valoraranse a capacidade de análise, a correcta aplicación dos contidos teóricos á práctica, a precisión terminolóxica e a claridade e correción da explicación e argumentación.
70
 
Observacións avaliación

Calificarse como non presentado se non se realiza o exame final oficial, independentemente do número de actividades entregadas.

Na segunda oportunidade poderanse recuperar todos os instrumentos de avaliación arriba descritos coa mesma ponderación que na primeira edición de actas. Só calificarase como non presentado a quen xa tivese esta calificación na edición de actas de xaneiro/febreiro e, ademáis, non se presente ao exame oficial da segunda oportunidade.

As actividades entregaranse na plataforma Moodle. O estudante comprométese a gardar unha copia de cada traballo, en previsión de problemas na recepción.


Só se aceptarán traballos, actividades etc. que se entreguen no prazo e forma establecidos.

Os traballos, actividades e exame deben cumprir as esixencias de correción lingüística propias destes textos (ortografía, puntuación, precisión léxica, rexistro formal, discurso coherente e cohesionado etc.).

O plaxio, incluso parcial, ou calquera outra falta de honradez académica, dará lugar á descalificación automática da actividade.

Os estudiantes a tempo parcial con dispensa académica de asistencia ás clases recoñecida realizarán alternativas aos obradoiros, previo acuerdo co profesor, ademais da prueba mixta final.

Poderanse establecer as adaptacións oportunas para o estudantado con modalidades específicas de aprendizaxe.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes