Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Sociolingüística
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas B5 C4 C8 Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. 30
Presentación oral A3 A20 B10 B17 C1 Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. 35
Estudo de casos A3 A20 B5 B10 C1 C4 Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. 35
 
Observacións avaliación

Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación
final dos traballos se este foren entregados fóra de prazo sen
causa xustificada.

Os/as estudantes que non superaren a materia ou que non
cumpriren co 50% das actividades obrigatorias exixidas ao longo do cuadrimestre
deberán realizar na convocatoria de xullo unha proba de carácter oral e
escrito.

Considerarase non presentado na materia quen non realizar as probas orais e escritas e/ou quen non cumprir coas actividades obrigatorias
propostas pola persoa docente.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada previamente co/coa
profesor/a.

O alumnado que se presente á convocatoria de decembro será avaliado
da seguinte maneira: proba obxectiva (50 %), presentación oral (20%) e
traballos tutelados (30 %).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes