Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Sociolinguistics
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Workbook B5 C4 C8 Para cada lectura obrigatoria será proposta a realización dunha actividade asociada (recensión, traballo breve, preparación de debate, entre outras), na cal será valorada especialmente a reflexión crítica sobre os contidos e sobre a aprendizaxe persoal. 30
Oral presentation A3 A20 B10 B17 C1 Cada estudante realizará unha exposición na aula sobre un aspecto do programa previamente acordado coa persoa docente, que apoiará e supervisará a o proceso de preparación. Para alén da clareza expositiva e da reflexión crítica, será valorada a calidade lingüística e a adecuación ao contexto comunicativo. 35
Case study A3 A20 B5 B10 C1 C4 Tras as explicacións da persoa docente presentaranse problemas para seren solucionados, quer oralmente quer por escrito, razoando as respostas xustificadamente e con criterios rigorosos. 35
 
Assessment comments

Os traballos vinculados ás lecturas e a presentación oral teñen carácter obrigatorio. Considerarase non presentado na materia quen non entregar todos os traballos obrigatorios. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final dos traballos se estes foren entregados fóra de prazo sen causa xustificada.

Na segunda convocatoria (xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non tivesen superado a materia terán que entregar os traballos que non foron entregados na convocatoria anterior ou que non obtivesen unha cualificación do 40% da nota máxima de cada traballo. O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: lecturas (40%) e traballo tutelado (60%). O traballo tutelado versará sobre os mesmos temas e terá unha estrutura análoga á da presentación oral do sistema de avaliación da primeira convocatoria.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes