Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum II
   Contidos
Temas Subtemas
Os contidos que se abordarán nos diferentes destinos de prácticas estarán básica e intimamente relacionados cos campos profesionais da logopedia e os labores inherentes a eles.

Así, durante o período de prácticas os alumnos/as, levarán a cabo accións relacionadas tanto co proceso de avaliación e diagnóstico como co proceso de tratamento logopédico. Ademais, deberán adaptar as técnicas e estratexias empregadas en función de cada caso e do contexto de actuación. Estas tarefas serán supervisadas polos titores/as de cada centro.

De igual maneira, durante a realización deste practicum II será de interese garantir a presenza do/a logopeda en formación naqueles espazos laborais emerxentes en que se albiscaren posibilidades para o exercicio profesional.

O Practicum II establece como contidos, ademais da posta en práctica das técnicas de avaliación e tratamento logopédico, a posta en práctica das habilidades sociais e comunicativas para o establecemento das relacións interpersoais cos usuarios, as súas familias e con outros profesionais implicados no tratamento.



Os contidos do Practicum II estarán relacionados cos seguintes aspectos:

1. Aplicación das distintas técnicas e estratexias de avaliación logopédica, así como elaboración de informes tanto de exploración como de evaluación
O proceso de tratamiento logopédico - Formulación de obxectivos e elección de técnicas e recursos materiais mais adecuados.

- A avaliación do proceso de intervención.

- Pautas de asesoramento e actividades para as familias co obxectivo de que apoien o proceso de intervención
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes