Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum II
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario 1. Sesión informativa inicial. Información xeral para comentar e precisar a Guía docente, así como as pautas de carácter xeral, e orientar o alumnado acerca da súa decisión á hora de elixir institución colaboradora. Tamén se explicarán as funcións das diferentes persoas que van a titorizar o Practicum.
2. Selección de institución.
3. Tres seminarios de titoría durante o Practicum co profesorado titor da Facultade.

- Antes de incorporarse á institución de prácticas o profesorado de Practicum, na data que se establecer, orientará o alumnado que titoriza cando menos sobre as seguintes cuestións: documentos que debe incluír no portafolios, lecturas imprescindibles e datas de entrega dos traballos solicitados, cronograma dos seminarios e calquera outra suxestión que estimar oportuna.

- Durante a realización do Practicum terá lugar a posta en común dos portafolios do alumnado asignado a un/ha mesmo/a titor/a co fin de revisar a planificación proposta, formular e resolver as posibles necesidades e/ou conflitos percibidos. Trátase de seleccionar e analizar conxuntamente situacións ou procesos representativos do decorrer da práctica profesional. Tamén se comentarán os textos ou documentos seleccionados para este fin.

- Ao finalizar a estadía no centro, de seguimento para responder as dúbidas do alumnado que se titoriza no tocante aos documentos solicitados.
Portafolios do alumno É un cartafol ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado no Practicum ou o seu rexistro.

O portafolios inclúe todo o que fai cada alumno/a, como apuntamentos ou notas, traballos, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios do seu progreso realizados polos titores etc.
Análise de fontes documentais Empregaranse documentos bibliográficos relevantes sobre os diferentes contidos a que o Practicum II dá prioridade, como base para a análise e a reflexión sobre a diversidade de experiencias con que se entre en contacto nas institucións clínicas, educativas e/ou asistenciais. É imprescindible entender a relación teoría-práctica e atender aos múltiplos factores que inciden no desenvolvemento da intervención nos diferentes contextos da práctica profesional. O/a Titor/a da Facultade establecerá as lecturas obrigatorias que considere necesarias para o mellor desenvolvemento do Practicum.
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado asistirá a un evento científico e/ou divulgativo de profesionais e expertos no ámbito da Logopedia que presentarán experiencias profesionais desenvoltas en diferentes contextos laborais (8 horas)
Prácticas clínicas Os estudantes levarán a cabo prácticas en institucións nas que contan cun profesional da logopedia, co fin de que aprendan a desarrollar a sua labor profesional nun ambiente natural relacionado co exercicio da profesión, no que observan e participan en actividades clínicas deseñadas para proporcionarlles oportunidades que supoñen a aplicación de feitos, teorías e principios relacionados coa práctica da mesma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes