Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Asignaturas
  Practicum II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 O/a titor/a da Facultade avaliará a participación do alumnado nos seminarios de titoría cos seguintes criterios:

-Asistencia ás titorías
- Grao de cumprimento sobre do plan de seguimento establecido, tendo en conta a pertinencia das súas intervencións, dúbidas, suxerencias, etc.
10
Portafolios do alumno A9 A10 A11 A12 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A26 A27 A28 A29 A32 B2 B3 B9 B13 C1 C3 Debería facer referencia a:
? Características da institución: descripción, características asistenciais, recursos, principios logopédicos, etc.

? Parte clínica: Análise do programa ou programas de intervención. Descripción das patoloxías e casos observados e/ou tratados, incluíndo cada unha das fases do proceso de intervención:
- Descripción do proceso de avaliación así como das técnicas e instrumentos empregados.
- Obxetivos terapéuticos.
- Técnicas de tratamento empregadas.
- Procedemento nas diferentes sesión.
- Conclusión e reflexión sobre dos resultados logrados.
40
Prácticas clínicas A9 A10 A11 A12 A15 A16 A17 A18 A19 A20 A22 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 B3 B6 B8 B11 B12 B13 B14 B15 B16 B21 B23 B24 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado na institución, facendo unha valoración das seguintes cuestións recollidas na Ficha de avaliación: asistencia e puntualidade, responsabilidade no traballo diario, responsabilidade e interese pola aprendizaxe, competencias profesionais 40
Eventos científicos e/ou divulgativos B2 B8 B9 B10 B11 B12 B17 B21 C1 -Asistencia ás sesións.
- Síntese dos contidos dos distintos eventos
10
 
Observacións avaliación

PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN:

Para emitir a cualificación final desta materia, o profesor-titor da Facultade terá en conta os 4 elementos recollidos na avaliación: seminarios, portafolio, valoración das prácticas clínicas realizada polo titor da institución colaboradora e a asistencia ó evento científico desenvolto por profesionais expertos en diferentes ámbitos da práctica logopédica.

a) Requisitos para superar a materia:

Para aprobar a materia será necesario superar as prácticas clínicas e o portafolios.

b) Elementos da avaliación que se poden recuperar na segunda oportunidade de avaliación (xullo):

1.As prácticas clínicas non poden recuperarse, polo que un informe desfavorable nas mesmas, na oportunidade de xuño, implica a non superación da materia.

2. Os seminarios e os eventos científicos non se poden recuperar, polo que a cualificación obtida nos mesmos na oportunidade de xuño, mantéñense  para a oportunidade de xullo.

3 O portafolios pode recuperarse, polo que o alumnado que non o supere na oportunidade de xuño terá a ocasión de melloralo para a oportunidade de xullo, conservando sempre as cualificacións dos demais elementos da avaliación.

c) Cualificacións:

3.Non realizar as prácticas clínicas estando matriculado na materia supón un Non Presentado.

4. Non presentar o portafolios tendo as prácticas clínicas superadas supón obter a cualificación máxima de 4.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes