Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Subjects
  Final Dissertation
   Methodologies
Methodologies Description
Supervised projects O alumnado realizara o TFG baixo a supervisión e guía da súa dirección académica.
A dirección será responsable de expoñerlle ao estudantado as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento. Realizará un seguimento da elaboración do TFG e velará polo cumprimento dos obxectivos fixados. Unha vez finalizada a elaboración autorizar a presentación e defensa do TFG.

As modalidades do TFG que poderán realizar o alumnado son algunha das seguintes:
A. O proxecto de investigación: o seu propósito é achegar información útil e aplicable ao desenvolvemento dun proxecto de investigación novidoso.
B. O proxecto de intervención: o seu obxectivo é o de analizar as distintas posibilidades de prevención e/ou intervención optimizadora ou correctora nunha alteración da linguaxe e da comunicación.
C. A revisión sistemática: esta modalidade pretende describir de forma actualizada o estado do coñecemento nun ámbito concreto da realidade da investigación.
D. O traballo de investigación: o seu obxectivo é comunicar os resultados orixinais derivados do proceso de investigación levado a cabo polo/a estudante.
Oral presentation SOLICITUDE DE DEFENSA:
Unha vez finalizado o proceso de elaboración do TFG, e unha vez obtido o informe favorable do director/a do mesmo, o alumnado terá que presentar, no prazo e lugar establecido polo centro, 3 exemplares en papel do seu TFG e un en formato dixital, así coma o impreso de solicitude de avaliación.

DEFENSA:
Unha vez que se faga púbica a convocatoria do tribunal, o alumnado debe presentarse á hora indicada e agardar a ser chamado polo secretario/a do mesmo.
Para a defensa deberá acudir cun documento identificativo (DNI ou Pasaporte), e o resto de documentos que se soliciten, se é o caso.
Para a exposición, que será pública, disporá dun tempo de 15 minutos e o tribunal disporá de 15 minutos para realizar as preguntas que estimen oportunas e debatir co alumno/a.
O alumnado poderá utilizar canto material sexa preciso para exposición.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes