Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Logopedia
 Competencias do título


Tipo A Código Competencias do título Específicas
  A1 Coñecer e integrar os fundamentos biolóxicos da Logopedia: a Anatomía e Fisioloxía.
  A2 Coñecer e integrar os fundamentos psicolóxicos da Logopedia: o desenvolvemento da linguaxe, o desenvolvemento psicolóxico, a Neuropsicoloxía da linguaxe, os procesos básicos e a Psicolingüística.
  A3 Coñecer e integrar os fundamentos lingüísticos da Logopedia: Fonética e fonoloxía, morfosintaxe, semántica, pragmática, sociolingüística.
  A4 Coñecer e integrar os fundamentos educativos da Logopedia: Procesos de ensino e aprendizaxe.
  A5 Coñecer e integrar os fundamentos metodolóxicos para a investigación en Logopedia.
  A6 Coñecer a clasificación, a terminoloxía e a descrición dos trastornos da comunicación, a linguaxe, a fala, a voz e a audición e as funcións orais non verbais.
  A7 Coñecer, recoñecer e discriminar entre a variedade das alteracións: os trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe, trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
  A8 Coñecer os fundamentos do proceso de avaliación e diagnóstico.
  A9 Coñecer e aplicar os modelos, técnicas e instrumentos de avaliación.
  A10 Realizar a avaliación das alteracións da linguaxe nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
  A11 Redactar un informe de avaliación logopédica.
  A12 Realizar unha avaliación tras a intervención.
  A13 Coñecer os principios xenerais de la intervención logopédica.
  A14 Coñecer as funcións da Intervención logopédica: prevención, educación, reeducación, rehabilitación e tratamento.
  A15 Coñecer e aplicar os modelos e as técnicas de intervención.
  A16 Coñecer as características diferenciais da intervención logopédica nos ámbitos familiar, escolar, clínico-sanitario e asistencial.
  A17 Coñecer e realizar a intervención logopédica nos trastornos específicos do desenvolvemento da linguaxe: trastorno específico da linguaxe, retrasos da linguaxe, trastornos fonéticos e fonolóxicos; os trastornos da comunicación e a linguaxe asociados a déficit auditivos e visuais, o déficit de atención, a deficiencia mental, o trastorno xeneralizado do desenvolvemento, os trastornos do espectro autista, a parálise cerebral infantil e as plurideficiencias; os trastornos específicos da linguaxe escrita; as discalculias; as alteracións no desenvolvemento da linguaxe por deprivación social e as asociadas a contextos multiculturais e plurilingüismo; os trastornos da fluidez da fala; as afasias e os trastornos asociados; as disartrias; as disfonías; as disglosias; as alteracións da linguaxe no avellentamento e os trastornos dexenerativos; as alteracións da linguaxe e a comunicación en enfermidades mentais; o mutismo e as inhibicións da linguaxe; as alteracións das funcións orais non verbais: deglución atípica, disfagia e alteracións tubáricas.
  A18 Coñecer e realizar a intervención logopédica en Atención Temperá.
  A19 Coñecer e implementar os Sistemas de Comunicación Aumentativa.
  A20 Coñecer e implementar as axudas técnicas á comunicación.
  A21 Saber deseñar e elaborar informes logopédicos.
  A22 Saber deseñar, programar e avaliar a actuación logopédica.
  A23 Coñecer, aplicar e valorar criticamente as técnicas pedagóxicas, así como os recursos metodolóxicos e didácticos para o ensino da linguaxe.
  A24 Coñecer o concepto de Logopedia, obxecto e método; A profesión de logopeda; A Historia da Logopedia; A deontoloxía e a lexislación relevante para o exercicio profesional.
  A25 Coñecer a organización de institucións educativas, sanitarias e sociais.
  A26 Adquirir un coñecemento práctico para a avaliación logopédica.
  A27 Realizar a planificación estratéxica da intervención logopédica.
  A28 Adquirir un coñecemento práctico en intervención logopédica (formación práctica en ámbitos escolares, clínico-sanitarios e asistenciais).
  A29 Adquirir a formación práctica para o traballo individual, grupal, cooperativo e de mediación con facilitador.
  A30 Coñecer a actuación profesional e os contornos onde se desenvolve a práctica.
  A31 Adquirir o desenvolvemento os recursos persoais para a intervención: habilidades sociais e comunicativas, habilidades profesionais, avaliación da propia actuación profesional, técnicas de observación, técnicas de dinamización ou toma de decisións.
  A32 Utilizar tecnoloxías da información e da comunicación.
Tipo B Código Competencias do título Básicas / Xerais
  B1 Acceso, selección e xestión das fontes de información relevantes para a práctica profesional.
  B2 Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo.
  B3 Apreciar as distintas manifestacións da diversidade.
  B4 Aprender a aprender.
  B5 Aprender autonomamente, e motivarse para facelo de forma continuada.
  B6 Capacidade de adaptarse aos cambios.
  B7 Capacidade de análise e síntese.
  B8 Capacidade de observar e de escoitar de forma activa.
  B9 Capacidade de organizar e planificar.
  B10 Capacidade para motivarse e procurar a calidade na actuación profesional.
  B11 Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional.
  B12 Comunicarse de maneira efectiva nun contorno de traballo.
  B13 Coñecer e manexar as novas tecnoloxías da comunicación e da información.
  B14 Destreza e empatía nas relacións interpersoais.
  B15 Poñer en valor a súa profesión no contorno en que desenvolve o seu traballo.
  B16 Resolver problemas de forma efectiva.
  B17 Saber expresarse en público.
  B18 Ser creativo no exercicio da profesión.
  B19 Ter compromiso ético.
  B20 Ter iniciativa e espírito emprendedor.
  B21 Tomar decisións con autonomía e responsabilidade.
  B22 Traballar de forma autónoma con iniciativa.
  B23 Traballar de forma colaborativa.
  B24 Traballar en equipo e, de ser o caso, de forma interdisciplinar.
Tipo C Código Competencias do título Transversais / Nucleares
  C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  C2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  C4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  C5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes