Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Xerontoloxía Social I
   Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Saber valorar de xeito integral ás persoas maiores así como utilizar os resultados da valoración para intervir de acordo ao diagnóstico preestablecido.
A2 Saber diagnosticar a patoloxía máis prevalente nas persoas maiores así como establecer as pautas terapéuticas máis indicadas, tanto desde o punto de vista farmacolóxico como non farmacolóxico.
A3 Saber diagnosticar os problemas sociais e/o sociosanitarios que inciden na persoa maior e poñer en marcha as medidas axeitadas a fin de conseguir o maior estado de benestar para el e o seu entorno.
A4 Estar en condicións de dirixir calquera recurso xerontolóxico.
A5 Saber realizar procuras en bases de datos científicas, así como aplicar os resultados das mesmas na consecución de proxectos de investigación.
A6 Adquirir as competencias necesarias para aplicar o método científico no desenvolvemento de proxectos.
A8 Coñecer as diferentes convocatorias públicas e privadas para a consecución de financiamento e estar en condicións de elaborar un proxecto.
A9 Incorporarse como xestor de proxectos a entidades de I+D+i.
A10 Saber analizar os resultados obtidos na actividade profesional a fin de poder integralos en liñas de investigación e dentro delas, en proxectos do eido da Xerontoloxía e a Xeriatría.
A11 Saber difundir os resultados obtidos na actividade asistencial a través das diferentes fontes de información xerontolóxicas e xeriátricas.
B1 Estar en disposición de integrarse en equipos de Saúde, centros xerontolóxicos e entidades que prestan servizos dirixidos as persoas maiores.
B2 Estar en disposición de incorporarse como profesional aos equipos de valoración e intervención creados no marco da denominada “Lei da dependencia”.
B4 Ter o coñecemento para denominarse especialista en Xerontoloxía Social de acordo á especialidade desenvolvida.
B5 Ser capaz de aplicar o método científico.
B7 Estar en disposición de realizar actividades asistenciais e investigadoras de xeito integral nos campos social, sanitario e sociosanitario.
C1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
C3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
C6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
C7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
C8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes