Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Xerontoloxía Social I
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Trátase de que os/as alumnos/as, ao superar a materia, adquirisen as competencias axeitadas para: * Situar a problemática das persoas maiores no contexto social que as orixina. * Investigar os factores sociais que afectan aos procesos de envellecemento, ao tempo que permitan establecer as necesidades e demandas dos maiores. * Planificar e xerar programas, proxectos, actividades e servizos, dentro de modelos dinámicos que permitan un posterior desenvolvemento de estratexias de intervención sociosanitaria. * Dirección de equipos multidisciplinares dentro dunhas políticas sociais que formulen o deseño duns proxectos que utilicen como eixes vertebradores a prevención, a interacción e a integración. * Dirixir e coordinar programas de preparación para a xubilación e adaptación á vellez. * Participación na orientación e mediación familiar en familias con persoas maiores. * Introducir procesos de concienciación da problemática da ancianidade nos medios familiares, así como o establecemento de directrices para a comunicación interxeracional. * Deseñar programas para xerar procesos de ocio activo dentro dunha contextualización global, así como establecer e impulsar modelos científicos e rigorosos de turismo social. * Asesorar aos responsables das administracións públicas na formación dos programas de benestar social dirixidos aos maiores. * Levar a cabo a función de coordinadores dos programas multidisciplinares de intervención pública para os maiores. * Asesorar as entidades privadas (fundaciones, asociacións, ONGs, etc.) na formulación e xestión de proxectos para os maiores. * Introducir procesos de asociacionismo nas persoas maiores. AP1
AP2
AP3
AP4
AI1
AI2
AI4
AI5
AM1
AM2
BP1
BP2
BP4
BI1
BM1
CM1
CM3
CM6
CM7
CM8
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes