Proba de resposta múltiple |
A5 A6 A7 A10 B5 |
O alumno deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. |
10 |
Sesión maxistral |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 |
O alumno deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; >10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos con 3 ou menos faltas. |
5 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A10 A11 B5 B6 B7 |
O alumno, ao finalizar o curso deberá entregar un traballo de investigación ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales ao menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final total (10% presentación oral e 30% calidade do traballo).
|
40 |
Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva como o traballo tutelado. O traballo tutelado, é dicir, o 30% da nota total da materia, poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o que deberá facer unha presentación oral (10%). TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.
|