Teaching GuideTerm
Faculty of Health Sciences
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Subjects
  Research Methodology in Gerontology
   Assessment
Methodologies Competencies / Results Description Qualification
Oral presentation A6 A7 A11 B5 B6 O alumno deberá realizar unha presentación oral dun traballo de investigación en formato póster. Terá un valor do 15% sobre a nota final total, avaliando a organización e información, pronunciación e entonación, vocabulario, dominio do tema e claridade de ideas. 15
Multiple-choice questions A5 A6 A7 A10 B5 O alumno deberá realizar obrigatoriamente exercicios relacionados coa docencia impartida no curso. 10
Objective test A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 Farase un exame global da materia. 30
Guest lecture / keynote speech A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 O alumno deberá asistir ás clases e seminarios propostos. En caso de que o alumno teña máis de 3 faltas, deberá facer un traballo de investigación máis extenso: < 3 faltas- 20 citas; 4- 6 faltas: 40-citas; 7-9 faltas: 60 citas; >10 faltas: 80 citas. Darase un 5% da nota final a aqueles alumnos con 3 ou menos faltas. 5
Supervised projects A5 A6 A7 A10 A11 B5 B6 B7 O alumno, ao finalizar o curso deberá entregar un traballo de investigación ou de revisión bibliográfica de alta calidade, avaliándose a estrutura e forma do mesmo, o uso de traballos científicos relevantes (mínimo de 20 referencias bibliográficas, das cales ao menos o 80% serán en inglés) e a calidade e innovación do tema proposto. Este traballo terá un valor do 40% sobre a nota final total (10% presentación oral e 30% calidade do traballo).
40
 
Assessment comments

Para superar a materia deberá superarse tanto a proba obxectiva como o traballo tutelado.

O traballo tutelado, é dicir, o 30% da nota total da materia, poderá convalidarse no caso de que o/a alumno/a preparara un artigo científico para publicar nunha revista de prestixio ou ben xa o teña publicado, sobre o que deberá facer unha presentación oral (10%).

TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes