Coñecer os principais cambios cognitivos e condutuais que se producen durante o proceso de envellecemento, tanto normal como patolóxico. Familiarizarse cos instrumentos mais empregados para a avaliación das alteracións e condutas psicopatolóxicas na poboación de idade avanzada. Iniciarse na intervención psicolóxica coas persoas maiores.
Plan de continxencia
A modalidade docente da materia Psicoloxía Clínica no curso académico 2020/21 será a “presencialidade con distanciamento social” como medida de prevención. As titorías e seguimento dos traballos tutelados faranse preferentemente de xeito telemático. De non ser posible manter tal distanciamento social polo número de alumnos/as, ou ante novas situacións de emerxencia sanitaria, optarase por unha modalidade semipresencial (ou totalmente non presencial en caso necesario) seguindo o seguinte plan de continxencia.
1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesións maxistrais
- Obradoiros
- Traballos tutelados
- Proba de resposta múltiple
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
As sesións maxistrais e os obradoiros de clase manteranse de forma virtual a través de Teams e Moodle, combinado con material dixitalizado. O seguimento dos traballos tutelados e titorías farase de forma non presencial a través das mesmas plataformas.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Manteranse abertas canles de comunicación directa co alumnado con regularidade a través das plataformas institucionais (Moodle, Teams), ademais de Skype e correo electrónico.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Se as condicións sanitarias o permiten, a proba de resposta múltiple e a presentación oral do traballo tutelado será presencial con medidas de distanciamento social. En caso de ter que optar pola non presencialidade por unha nova emerxencia, a proba final realizarase de forma online mediante Microsoft Forms, e o traballo tutelado presentarase de forma telemática en Teams.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías