Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Saúde
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
 Asignaturas
  Psicoloxía Clínica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Psicoloxía Clínica Código 653491008
Titulación
Mestrado Universitario en Xerontoloxía (Plan 2011)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Ciencias Biomédicas, Medicina e Fisioterapia
Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas
Coordinación
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Profesorado
Lorenzo López, Laura
Correo electrónico
laura.lorenzo.lopez@udc.es
Web http://http://gerontologia.udc.es
Descrición xeral Coñecer os principais cambios cognitivos e condutuais que se producen durante o proceso de envellecemento, tanto normal como patolóxico. Familiarizarse cos instrumentos mais empregados para a avaliación das alteracións e condutas psicopatolóxicas na poboación de idade avanzada. Iniciarse na intervención psicolóxica coas persoas maiores.
Plan de continxencia A modalidade docente da materia Psicoloxía Clínica no curso académico 2020/21 será a “presencialidade con distanciamento social” como medida de prevención. As titorías e seguimento dos traballos tutelados faranse preferentemente de xeito telemático. De non ser posible manter tal distanciamento social polo número de alumnos/as, ou ante novas situacións de emerxencia sanitaria, optarase por unha modalidade semipresencial (ou totalmente non presencial en caso necesario) seguindo o seguinte plan de continxencia. 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios nos contidos. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - Sesións maxistrais - Obradoiros - Traballos tutelados - Proba de resposta múltiple - Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican As sesións maxistrais e os obradoiros de clase manteranse de forma virtual a través de Teams e Moodle, combinado con material dixitalizado. O seguimento dos traballos tutelados e titorías farase de forma non presencial a través das mesmas plataformas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Manteranse abertas canles de comunicación directa co alumnado con regularidade a través das plataformas institucionais (Moodle, Teams), ademais de Skype e correo electrónico. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Se as condicións sanitarias o permiten, a proba de resposta múltiple e a presentación oral do traballo tutelado será presencial con medidas de distanciamento social. En caso de ter que optar pola non presencialidade por unha nova emerxencia, a proba final realizarase de forma online mediante Microsoft Forms, e o traballo tutelado presentarase de forma telemática en Teams. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Sen cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes